- Nos próximos días reabrirase o principal parque infantil da Guarda
O parque infantil da Alameda mantívose pechado durante as últimas semanas para dar comezo a unha serie de obras e melloras no mesmo.
Con estas obras instaláronse novos columpios e zonas de xogo, destacando o novo tobogán de diferentes alturas, para adaptarse ás diferentes idades.
Ademais, fíxose un cambio no chan, instalándose un de maior calidade para evitar gretas que poden ocasionar caídas, e tamén que supón un amortecemento ante as caídas dos nenos e nenas usuarias do parque infantil.
O novo columpio adaptado presentará maior seguridade para estes pequenos e tamén estará rodeado dunha cerca para facilitar a sinalización do uso exclusivo para estas crianzas.
O renovado parque infantil abrirá nas próximas xornadas para que os máis pequenos poidan desfrutar del canto antes, sobre todo, agora que se atopan nas vacacións escolares.
“Agardamos que os nenos e nenas o desfruten, porque agora poderán desfrutar dun parque máis grande e con máis opcións de xogo”, destacaba o alcalde. “Este é o principal parque infantil da Guarda e un punto de encontro para familias enteiras”.