O Parque da Canuda acolleu este venres a 9ª Xuntanza Excolar Infantil dos Centros Educativos

adminON
Lectura mínima de 1

Este venres 31 de maio celebrouse no Parque da Canuda de Salvaterra de Miño a 9ª  Xuntanza Escolar Infantil na que participaron os centros escolares CEIP Infante Felipe de  Borbón, o CRA A Lagoa, e o CEIP de Leirado, contando coa colaboración do Concello de  Salvaterra de Miño e da Policía Local, a Garda Civil, Medio Ambiente, Protecce nais e pais  voluntarios do centros participantes. 

Ó longo da mañá pasaron polo parque preto de 300 nenos e nenas dos diferentes grupos  formados polos citados centros educativos que realizaron diferentes obradoiros e  actividades como pescar, educación vial, mostra das emerxencias, inchables, obradoiros  de xogos psicomotrices… 

Sen dúbida unha gran xornada que desfrutaron en compañía dos país e nais e  profesorado que acompañou os pequenos durante toda a mañá.

Comparte este artigo