Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Bueu O Parque Ramal dos Galos acollerá a obra de teatro «De...

O Parque Ramal dos Galos acollerá a obra de teatro «De Vilatriste a Vilalegre» que celebra os 40 anos do Centro Dramático Galego

- Anuncio -
  • A representación é unha produción do Teatro O Cubo co CDG e poderase ver de balde este martes a partir das 21 horas

O Parque Ramal dos Galos acollerá este martes, 9 de xullo, a obra de teatro «De Vilatriste a Vilalegre», unha creación de Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego para a celebración do seu 40 aniversario. A obra, que se poderá ver de balde a partir das 21 horas, é un texto de Roi Vidal Ponte, con deseño e plástica de Beatriz de Vega, interpretación de Uxía Algarra e Roberto Casal Mouriño, e co-dirixido por Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño.

Teatro O Cubo, en coprodución co Centro Dramático Galego, aposta por dar o protagonismo aos monicreques neste reto escénico coa teima de sempre: que as persoas de todas as idades poidan gozar das súas propostas.

Beatriz Vega encárgase do deseño e a plástica, Roi Vidal crea unha disparatada trama na que se mestura identidade rural galega, superpoderes e 40 anos de Centro Dramático Galego. O resultado é unha divertida peza de títeres que percorrerá prioritariamente o rural galego a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro por todos eses concellos que ousen acoller esta intrépida proposta.

A obra conta a historia de Trepas, alcume dun mozo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente, e que, axudado por unha singular superheroína, terá que descubrir a fórmula para vencer ao seu inimigo.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas