Home Pontevedra Baixo Miño O patrimonio cobra nova vida da man de 20 veciños e veciñas...

O patrimonio cobra nova vida da man de 20 veciños e veciñas do Rosal e Tomiño

- Anuncio -

13 mulleres e 7 homes continúan coa formación teórico-práctica remunerada en carpintaría e albanelería no obradoiro para persoas desempregadas posto en marcha por ambos concellos

O pasado cobra nova vida no Rosal e Tomiño con O noso patrimonio – Obradoiro de Emprego Roteiros Etnográficos O Rosal – Tomiño, onde 20 persoas desempregadas xa están transformando non só a súa realidade profesional, senón tamén a paisaxe patrimonial da comarca. Con 13 mulleres e 7 homes de diferentes niveis formativos entre o alumnado, este proxecto destaca pola alta participación feminina nun sector tradicionalmente masculinizado como a carpintaría e a albanelería.

Impulsado de forma conxunta polos concellos do Rosal e Tomiño, o obradoiro arrancou o pasado 13 de decembro e xa superou os primeiros dous meses de formación teórico-práctica remunerada. Durante este tempo, o alumnado completou módulos fundamentais de prevención de riscos laborais e igualdade, ademais de iniciarse nos primeiros contidos dos certificados de profesionalidade en Masas e Morteiros en Albanelería e Mecanizados de Madeira e Derivados en Carpintería.

A formación inclúe coñecementos esenciais sobre o sistema métrico, medidas de superficies, croquis e planos, así como o manexo das distintas ferramentas e maquinaria propias de cada especialidade. Ademais, o grupo traballou na preparación dos talleres, organizando e acondicionando os espazos para o inicio das prácticas. Un proceso que lles permitirá enfrontarse a obras reais e aplicar os seus coñecementos en proxectos que beneficiarán á comunidade.

As alcaldesas do Rosal e Tomiño, Ánxela Fernández Callís e Sandra González, subliñan a importancia deste proxecto tanto a nivel profesional como social, xa que o obradoiro “non só ofrece oportunidades laborais a veciños e veciñas, senón que tamén demostra que aprender un oficio é unha forma de construír comunidade, preservar a historia e abrir portas cara ao futuro”.

Recuperación do patrimonio con impacto social

O obradoiro ten un dobre obxectivo: formar ao alumnado para que obteñan unha cualificación profesional e, ao mesmo tempo, levar a cabo actuacións de mellora en espazos patrimoniais e naturais dos dous concellos. Entre os traballos previstos destacan no Rosal a restauración de muíños, mellora de camiños, regatos e canles de auga, colocación de pasarelas e varandas e instalación de nova sinalización en enclaves como a zona do Folón e o camiño de Portecelo. Mentres, en Tomiño realizaranse intervencións no Muíño da Regueira, no lavadoiro do Marco, no muíño e fonte do Pedro, no cruceiro da Soidade e no lavadoiro do Regatiño.

Unha aposta pola igualdade e a profesionalización

A composición do alumnado reflicte unha realidade cada vez máis visible: as mulleres están a gañar presenza en sectores que tradicionalmente foron masculinos. Con 65% das participantes mulleres, este obradoiro non só fomenta a recuperación patrimonial, senón que tamén contribúe á construción dunha contorna laboral máis equitativa.

As actuacións sobre o terreo comezarán nos vindeiros días, momento no que as e os participantes poderán poñer en práctica os coñecementos adquiridos. Mentres tanto, o equipo formativo formado por especialistas en carpintería e albanelería, unha administrativa, unha titora e unha directora continúa traballando para que esta experiencia marque un antes e un despois na traxectoria profesional do alumnado e na conservación do patrimonio de O Rosal e Tomiño.

Relacionadas

Tomiño aprende con Beatriz Robles a non tragar con calquera cousa na Semana da...

0
A tecnóloga dos alimentos, nutricionista e divulgadora afondou co público nos bulos que rodean á alimentación e como enfrontarse a eles A Semana da Educación...

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

0
O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e...

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

0
Máis dun centenar de veciños e veciñas recibiron o seu certificado tras a formación realizada ao longo de 2024 O Concello de Tui  foi beneficiario...

O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I Semana da...

0
• O programa desenvolto pola logopeda Ana Belén Diz  inclúe, entre outras iniciativas, unha andaina solidaria,  que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de...

Mos coida da saúde mental da súa rapazada e imparte obradoiros para mitigar o...

0
107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das...

O concello de Nigrán realiza este domingo unha reforestación no parque forestal ‘Os Matos-Río...

0
Desenvolverase na zona das Rozadas (Chandebrito) desde as 10:00 horas e os voluntarios deben inscribirse previamente no mail hola@plantalo.org A organización Plantalo.org, que ten plantando máis...

Publicacións Relacionadas