HomeVigoMosO Pazo de Mos acolle a presentación do libro “CALMA”, de Carlos...

O Pazo de Mos acolle a presentación do libro “CALMA”, de Carlos Rodríguez Lorenzo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos acolleu hoxe a presentación de CALMA, o novo libro de Carlos Rodríguez Lorenzo, especialista en familias e adolescencia, e unha das voces de referencia na educación emocional e no acompañamento a nais e pais.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, foi a encargada de presentar o acto, destacando CALMA como “un libro necesario, valente e profundamente humano, que axuda a entender a ansiedade desde dentro e ofrece ferramentas reais para transformala”.

A obra nace da experiencia persoal do autor convivindo coa ansiedade desde a infancia e combina vivencia, ciencia e práctica nun formato accesible a calquera lector. O libro achega conceptos de neurociencia, psicoloxía e Programación Neurolingüística de maneira clara e útil, e incorpora exercicios prácticos que permiten traballar a regulación emocional desde o primeiro momento. O estoicismo, como filosofía de vida, completa un enfoque que invita á aceptación, ao autocoñecemento e ao fortalecemento mental.

Durante a presentación, Nidia Arévalo subliñou que Calma non é “só un libro sobre a ansiedade; é unha guía que acompaña, que dá luz e que axuda a comprender que o cambio é posible”. Ademais, enmarcou a súa publicación no compromiso municipal co benestar emocional das familias e da mocidade.

Carlos Rodríguez Lorenzo conta cunha ampla traxectoria profesional: especialista en intelixencia emocional, terapeuta en PNL, experto en técnicas cognitivo-conductuais aplicadas ás dinámicas familiares, facilitador en mindfulness e regulación emocional, e experto en neurociencia aplicada. Ademais, é creador do Método CALMA e autor do podcast en Spotify “Madres con Adolescentes”.

O público asistente puido coñecer de primeira man o proceso persoal e profesional que deu lugar ao libro, así como a súa finalidade: ofrecer comprensión, ferramentas e acompañamento a todas aquelas persoas que conviven coa ansiedade.

O Concello de Mos felicita ao autor e agradece a súa contribución a unha sociedade máis informada, consciente e emocionalmente saudable.

Publicacións Relacionadas