HomeVigoMosO Pazo de Mos acolle o 27 de setembro unha tómbola benéfica...

O Pazo de Mos acolle o 27 de setembro unha tómbola benéfica en favor da AECC

- Anuncio -spot_img

O vindeiro sábado 27 de setembro o Pazo de Mos será o escenario dunha xornada solidaria organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Mos (AECC), coa colaboración do Concello de Mos, a Deputación de Pontevedra, a Fundación Pazo de Mos e os Obradoiros de Emprego de Galicia.

Ao longo de todo o día estará instalada unha tómbola benéfica, cuxos fondos se destinarán integramente á AECC, e complementarase a xornada cunha ampla programación cultural e lúdica aberta a toda a veciñanza.

O programa arrincará pola mañá coa música das corais:

11:00 h.: Coral O Son dos Cantares de Tameiga.

11:30 h.: Coro Galego Abrente.

Pola tarde será a quenda das actividades para a cativada e das actuacións musicais:

De 17:00 a 20:00 h.: Obradoiros infantís.

17:00 h.: Iker Faure.

18:00 h.: Alumnado da Escola Patricia Martínez.

Dende o Concello de Mos anímase a toda a cidadanía a participar nesta iniciativa solidaria, que une cultura, convivencia e compromiso social, e a colaborar coa AECC na súa loita contra o cancro.

Publicacións Relacionadas