HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO peche da Conta Xeral do 2019 confirma que o goberno de...

O peche da Conta Xeral do 2019 confirma que o goberno de Cubela aumentou un 70% a partida destinada a Servizos Sociais

- Anuncio -spot_img

O Goberno local sitúa a media neste capítulo en 95 euros por habitante, moi preto dos cen que están catalogados como “excelencia social” pola asociación estatal de directores e xerentes desta labor en toda España

O peche da Conta Xeral do 2019 confirma que o goberno que lidera o alcalde Jorge Cubela cumpriu o seu compromiso de incrementar en máis dun 70% o gasto adicado a Servizos Sociais do municipio acadando un investimento duns 556.000 euros, o que supón
unha media de 95 euros por habitante, xa moi preto do listón dos cen que está catalogado como “excelencia social” pola asociación estatal de directores e xerentes desta labor.
A maior parte da partida de Servizos Sociais foi destinada a incrementar o número de beneficiarios dos programas englobados no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e Xantar na Casa que permite atender nos seus domicilios a un maior número de persoas que o precisan a través de dar novas altas destes servizos de atención pesonalizados.
Ademais aumentouse nunha porcentaxe similar o gasto en Emerxencia Social para atender a demanda que se presentou en materia de acceso a alimentos de primeira necesidade, pagamento de alugueiros de persoas en risco de exclusión social e mesmo recibos de luz para combatir a pobreza enerxética e evitar que se producira calquera corte no subministro nalgún fogar do municipio.

“Temos un compromiso irrenunciable de atender cos recusos dos que dispoñemos as necesidades dos nosos veciños e veciñas que estean en risco de exclusión social ou que sexan socialmente vulnerables. Desde a
fusión pasamos de destinar unha media de 55 euros a Servizos Sociais ata os 95 euros que temos agora, moi preto dos obxectivos dos cen euros de media que se consideran de “excelencia social”. Pero aínda así o noso compromiso vai moito máis alá para que ninguén se quede atrás nesta crise sanitaria e económica derivada da Covid-19 e seguiremos pola senda de garantir a cobertura plena das necesidades daquelas persoas que se atopen en dificultades”, manifestou o alcalde Jorge Cubela quen volveu a anovar o seu compromiso “a prol dos máis desfavorecidos articulando medidas que nos permitan seguir mantendo a nosa solvencia económica sen descoidar en ningún momento o noso deber que nos impón a nosa conciencia de axudar a quen o precise”, concluíu Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas