A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Redondela presenta a cartelería das rebaixas abogando pola data o 1 de xullo que durante décadas marcou o inicio regulado das Rebaixas de Verán.
Xusto, cando se cumpre unha década da liberalización das rebaixas en España, a Xunta Directiva quere rememorar esta data e reflexionar dos resultados que a liberalización.
Deixando ao marxe as circunstancias particulares de Galicia, onde o tempo estival non acostuma a ter chegado aínda ata principios de xullo, feito que supón unha singularidade para Galicia respecto ao contexto español onde as vendas da campaña estival xa está activas dende moito antes, e polo tanto en Galicia cando apenas teñen arrancado as vendas de verán prodúcese a irrupción do período de rebaixas, o balance dunha década de liberalización do período das rebaixas é claro, por un lado, ten anulado o efecto chamada e adiantado en apenas unha semana o inicio das mesmas.
O sector vive dos efectos tirón das promocións e con un consumo moi minguado que está sumindo ao comercio en xeral nun efecto de fallo de oferta agudizado polas vendas online.