HomePontevedraO SalnésO Plan de Acción de Atención Primaria e Comunitaria 2022-2023 potencia as...

O Plan de Acción de Atención Primaria e Comunitaria 2022-2023 potencia as funcións da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

- Anuncio -spot_img

― O hospital Provincial acolleu un acto de recepción dos profesionais que inician a prestación desta iniciativa asistencial do SERGAS que, cun ano de vixencia, incorpora para esta cobertura en centros de saúde 8 efectivos de servizos xerais –PSX- e 10 nutricionistas

― O programa crea tamén catro equipos de soporte de Atención Domiciliaria con 8 novas enfermeiras –con dous efectivos por cada equipo- con vehículos e equipamento para efectuar atención proactiva e valoracións xeriátricas nas zonas rurais da Área Sanitaria e que terán a súa base nos centros de saúde de Forcarei, Arcade, O Grove e Catoira

O Plan de Acción de Atención Primaria e Comunitaria 2022-2023 potencia as funcións da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que acolleu hoxe no hospital Provincial do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra un acto de recepción dos profesionais que inician a prestación deste programa. Esta iniciativa asistencial do Servizo Galego de Saúde ten unha vixencia dun ano e incorpora 10 nutricionistas e 8 efectivos de servizos xerais –PSX- para esta cobertura en centros de saúde dos distritos sanitarios de Pontevedra e O Salnés.

Ademáis, o programa crea catro equipos de soporte de Atención Domiciliaria con 8 novas enfermeiras -a razón de dous efectivos por cada equipo- que dispoñen de vehículos e equipamento para efectuar atención proactiva e valoracións xeriátricas integrais nas zonas rurais da Área Sanitaria, identificando necesidades asistenciais, factores de risco e derivando en caso de necesidade tanto a unidades de Traballo Social coma atención médica ou atención de enfermaría de Atención Primaria.

Estes catro equipos de soporte de Atención Domiciliaria con oito novas enfermeiras terán a súa base respectivamente nos centros de saúde de Forcarei, Arcade, O Grove e Catoira.

Actividade itinerante dos PSX
Os oito efectivos de Servizos Xerais para atención administrativa do Plan de Acción de Atención Primaria e Comunitaria 2022-2023 desenvolven a súa actividade de xeito itinerante polos centros de saúde desta Área Sanitaria, dando a coñecer aos pacientes os recursos tecnolóxicos dispoñibles e ensinándolles o seu uso eficiente cara a diminuír a fenda dixital.
Así, os usuarios poden recibir coñecementos de ferramentas coma a Chave365, o uso das aplicacións coma a E-saude e incluso a obtención de informes diversos, evitándolles esperas e descargando a burocracia das consultas dos profesionais de Atención Primaria.

O Persoal de Servizos Xerais dispón de chalecos identificativos para efectuar ditas tarefas en áreas de traballo que están localizadas en puntos de encontro específicos e sinalizados nos centros de saúde para tal actividade.

Información en Pontevedra e O Salnés
No que atinxe ao distrito sanitario de Pontevedra, estes profesionais informan desde esta semana aos usuarios dos servizos de Atención Primaria dos concellos de Marin, Soutomaior, Bueu, Vilaboa, Pontevedra, A Lama, Pontecaldelas, Cerdedo-Cotobade, Caldas de Reis, Cuntis, Portas, Moraña, Forcarei, Soutelo de Montes, Barro, Campolameiro, Poio e Sanxenxo.
No distrito sanitario de O Salnés, os efectivos de Servizos Xerais informan desde esta semana aos usuarios dos servizos de Atención Primaria de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A llla de Arousa, Ribadumia, Catoira, O Grove, Meis e Cambados.
Valoracións do estado nutricional dos pacientes
Así mesmo, os dez nutricionistas deste Plan de Acción de Atención Primaria e Comunitaria 2022-2023 comezan a efectuar en Pontevedra e O Salnés valoracións do estado nutricional dos pacientes, dando así mesmo soporte á prescrición de dietas e aportando consellos alimentarios, identificando factores de risco e dietas inapropiadas etc.

A aposta pola promoción destas pautas de saúde é de gran importancia en patoloxías de gran prevalencia na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés coma son tanto a Diabetes, coma a Hipertensión ou a Obesidade.

Publicacións Relacionadas