Free Porn
xbporn
Home Tabeirós A Estrada O Plan +Provincia da Deputación destina este ano máis de 7,6 millóns...

O Plan +Provincia da Deputación destina este ano máis de 7,6 millóns de euros aos concellos das comarcas de Deza e Terra de Montes

- Anuncio -

Son preto dun millón de euros máis que os recursos destinados pola institución provincial ás comarcas no 2023

O presidente Luis López remitiu unha carta aos alcaldes e alcaldesas detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan cuxas bases publicáronse este mércores 3 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia

Os concellos de Agolada, Dozón, A Estrada, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces recibirán este ano máis de 7,6 millóns de euros a través do Plan +Provincia da Deputación, o que supón preto dun millón de euros máis que os recursos destinados pola institución provincial a estes concellos o pasado ano, cando recibiron 6,6 millóns de euros. O presidente Luis López remitiu este mércores 3 de xaneiro unha carta aos alcaldes e alcaldesas tanto destes como dos restantes concellos de menos de 50.000 habitantes que se benefician do +Provincia detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan, cuxa convocatoria publicouse tamén este mesmo mércores no Boletín Oficial da Provincia logo de ser aprobado no último pleno do 2023. A partir de agora, os concellos terán tres meses para presentar solicitudes.

O plan, elaborado conforme aos principios de reforzo da capacidade inversora, maior autonomía local e atención aos retos comúns de futuro, pretende, tal e como remarcou o presidente na carta remitida aos concellos, “avanzar conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”. Con este obxectivo, neste 2024 o plan de obras e servizos da Deputación incrementou a súa dotación en 4,2 millóns de euros, ata alcanzar os 48,2 millóns de euros, que se distribuirán entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de catro liñas. A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para a activación do emprego e a cuarta e novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

No caso das comarcas de Deza e Terra de Montes, os 7.622.660 euros que recibirán os seus concellos permitirán destinar ata 5,4 millóns de euros a novos investimentos, 632.681 euros a gasto corrente, 1,5 millóns de euros a fomentar o emprego e 190.567 euros a proxectos transformadores relacionados coa mobilidade. Para facilitar a xestión dos recursos, o Plan +Provincia permite flexibilizar o traspaso de crédito entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña 2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia. Ademais, tamén se incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a perda de poboación nos últimos dez anos.

En concreto, Agolada recibirá 639.503 euros, 96.552 máis que o pasado ano; Dozón 477.268 euros, 91.406 máis que no 2023; A Estrada 1.770.099 euros, 210.357 máis que no ano que acaba de rematar; Forcarei 679.831 euros, 92.839 euros máis; Lalín 1.764.085 euros, 235.706 euros máis que con respecto ao ano pasado; Rodeiro 638.090 euros, 91.686 máis que no 2023; Silleda 889.348 euros, 45.780 euros máis e Vila de Cruces 764.438 euros, 71.152 máis que ano que acaba de rematar.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas