HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Pleno aproba por unanimidade a aportación do Concello de 286.000 €...

O Pleno aproba por unanimidade a aportación do Concello de 286.000 € para mellorar a estrada de Almofrei e as expropiacións na de Quireza

- Anuncio -spot_img

• O proxecto para este vial contempla un investimento conxunto entre as dúas administracións cercano ao millón de euros

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Cerdedo-Cotobade aprobou por unanimidade a transferencia de crédito por importe de 286.000 euros para financiar as obras e as expropiacións da estrada EP-0405 entre Xesteira e Almofrei, así como a consignación necesaria para as expropiacións de terreos do tramo de mellora do vial entre Fondós e Bugarín, na parroquia de Quireza.

Deste xeito quedaría superado o derradeiro paso para que a Deputación, titular destas estradas, e o Concello asinen o convenio de colaboración que permitirá o investimento de 946.599 euros no arranxo e mellora da estrada provincial EP-0405 entre Xesteira e Almofrei longamente reivindicado pola veciñanza.

Así e segundo recolle o convenio remitido pola Deputación ao Concello que agora se procederá a asinar, preténdese mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para os peóns, mediante a construción dunha senda peonil dende o P.Q. 0+380 ata o final da estrada e dúas zonas de convivencia de tráficos peonil e rodado.

O itinerario consta de 1.490 m de lonxitude, ao longo do cal se contemplan obras de pavimentación da estrada, construción dunha senda peonil de formigón coloreado de 2,50 m de ancho mínimo na marxe esquerda da estrada, execución de zonas de convivencia de tráficos peonil e rodado con prioridade peonil e maiores limitacións de velocidade, e unha mellora importante do sistema de drenaxe de augas pluviais con creación de cunetas de seguridade.

Ademais, levarase a cabo unha serie de actuacións que teñen por obxecto acondicionar e mellorar as características da estrada en beneficio da seguridade e comodidade dos usuarios, tales como a execución de muros para a ampliación da plataforma, a ampliación do marco sobre o rego das Longuiñas, a dotación de sinalización horizontal e vertical e a reposición de aqueles servicios afectados pola execución das obras.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, indicou que “ben está o que ben acaba” e lembrou as diferentes peripecias que sufriu este proxecto desde que fora aprobado polo anterior presidente da Deputación ata que foi reformulado polo Bipartito que dirixe Carmela
Silva. “Agardemos que desde o ente provincial se asuma con urxencia e como prioritaria esta obra e se poida executar canto antes pola necesidade de mellorar a seguridade vial na zona e por darlle unha xusta e merecida resposta positiva á veciñanza de Almofrei que leva demasiado tempo agardando por esta obra”, indicou Cubela.

Publicacións Relacionadas