HomeVigoPazos de BorbénO pleno de Pazos de Borbén aproba a relación de postos de...

O pleno de Pazos de Borbén aproba a relación de postos de traballo do concello

- Anuncio -spot_img
  • O organigrama foi aprobado por de forma unánime polos sindicatos participantes na mesa de negociación
  • O Pleno da Corporación municipal de Pazos de Borbén aprobou na sesión desta mañá a Relación de Postos de Traballo ( RPT) do consistorio. A iniciativa foi aprobada cos votos do goberno local tras a negativa dos dous edís de Cidadáns e a abstención dos tres concelleiros de Alternativa Veciñal.
    Trátase dun documento que recolle a ordenación e planificación dos recursos humanos municipais definindo as responsabilidades e funcións de cada posto desempeñado no Consistorio. En palabras do alcalde, Andrés Iglesias, trátase de “unha relación que mellorará a calidade do emprego dos traballadores municipais e que tamén se verá reflectido na calidade da atención aos veciños”, explicou o edil.
    O proceso de elaboración foi amplamente participativo xa que arrincou cunha serie de entrevistas cos representantes dos traballadores municipais para elaborar unha proposta de organigrama e unha valoración dos postos de traballo que servise de punto de partida para a negociación entre o goberno local, os representantes dos traballadores e os sindicatos. “Unha negociación que deu lugar a un acordo unánime que sen dúbida será moi beneficioso para todos os traballadores do Concello”, finalizou Iglesias.
    Verteduras en Nespereira
    Outro dos puntos principais do debate na sesión desta mañá centrouse en vertedura no leito do Louro ao seu paso pola parroquia de Nespereira. Unha situación na que a portavoz do Partido Popular, Eloisa Nogueira, criticou as prioridades do portavoz de Alternativa Veciñal, Luciano Otero, destacando que, “non tivemos queixas nin chamadas de ningún veciño, nin tan se queira a do propio concelleiro de Alternativa. É moi triste que un representante municipal preocúpese de enviar a noticia aos medios de comunicación e non de chamar ao Concello para avisar. Tan pronto tivemos coñecemento, a través dos medios, enviamos á cuadrilla municipal ao lugar e descartaron completamente que a vertedura viñese da rede de sumidoiros”, finalizou a edil.
    Renuncia da edil Cristina Amoedo
    Por último, o pleno recibiu a solicitude de renuncia da edil de Alternativa Veciñal, Cristina Amoedo, por motivos persoais. Os portavoces de todos os partidos con representación na corporación dedicaron palabras de agradecemento á concelleira, “polo seu traballo e dedicación aos veciños. Que teñas moita sorte nesta nova etapa da túa vida”, desexoulle o alcalde na súa despedida.

Publicacións Relacionadas