HomePontevedraO Pleno de Soutomaior aproba solicitar a construción dunha cuberta para a...

O Pleno de Soutomaior aproba solicitar a construción dunha cuberta para a pista polideportiva do instituto

- Anuncio -spot_img
  • Tamén se pedirá a instalación dunha zona teitada na entrada do centro
    A corporación municipal de Soutomaior aprobou por unanimidade solicitar á Xefatura Territorial de Educación a instalación de dúas zonas cubertas no instituto público. A mellora foi solicitada polo Consello Escolar do centro mediante un escrito que foi ratificado, durante o pleno celebrado esta mañá, polos dous partidos políticos con representación no municipio, Pp e BNG.
    No seu escrito o Consello Escolar demanda o apoio da corporación municipal á solicitude de mellora presentada #ante a Xefatura Territorial de Educación. Unha solicitude que implica instalar dúas novas cubertas no centro. Unha na pista polideportiva e outra na parte dianteira do centro.
    Segundo indica o Consello Escolar na súa solicitude, coa cuberta da pista polideportiva o centro dispoñería dun espazo amplo e resgardado para todos os recreos, independentemente da meteoroloxía. Ademais, permitiría ao centro a organización de festivais e actos de diferente índole.
    Do mesmo xeito, a instalación dunha nova cuberta na parte dianteira do centro tamén permitiría usar este espazo durante os recreos e faría máis confortable a espera de estudantes nos momentos de entrada e saída do centro.
    O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que “sempre que a comunidade educativa solicitounos algo estivemos do seu lado, e esta vez non ía ser diferente. O noso instituto é un exemplo de excelencia pola implicación do seu profesorado e hoxe a corporación mostroulles o seu apoio unánime e incondicional como merecen”, finalizou o rexedor.
    Solicitude da Confraría para a retirada do novo regulamento de control de pesca
    Tamén por unanimidade, o pleno municipal acordou aprobar a solicitude presentada pola confraría de Pescadores de Arcade demandando o apoio institucional do Consistorio en contra da última modificación do regulamento de control de pesca da Unión Europea. A moción, defendida en persoa durante o pleno polo Patrón Maior, Gonzalo Reinoso, detalla os agravios que a nova regulación supón para a pesca artesanal respecto a a frota industrial.
    En concreto, demandan a exclusión para a frota artesanal na obrigatoriedade da instalación de cámaras, de dispositivos geolocalizadores en embarcacións que traballan agrupadas a pouca distancia da costa e a norma que impón a remisión dos datos de captura desde as propias embarcacións antes da súa chegada ao porto.

Publicacións Relacionadas