Home Pontevedra Baixo Miño O poder transformador dos videoxogos, con Eurídice Cabañes na Semana da Educación

O poder transformador dos videoxogos, con Eurídice Cabañes na Semana da Educación

- Anuncio -

Elixida como unha das 100 Game Changers en 2020 por Gamindustry, a filósofa botará un pouco de luz sobre as novas tecnoloxías dixitais e o seu impacto en infancia e mocidade o vindeiro martes 7 de febreiro

Aberta a inscrición para participar nestas xornadas de balde que se desenvolverán do 6 ao 9 de febreiro no auditorio de Goián

Nunca época na que videoxogos e mundos virtuais forman parte da vida cotiá das persoas, especialmente tras unha época de pandemia, a filosofía xoga un papel fundamental para crear un entretemento interactivo sen manipulacións. Con esa perspectiva, Eurídice Cabañes chega o vindeiro martes 7 de febreiro (19.00 h) ao auditorio municipal de Goián para abordar dentro da Semana da Educación de Tomiño un tema importante para docentes e familias: o uso de pantallas, móbiles e videoxogos.

Doutora en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid e co-directora de ARSGAMES, organización internacional con 15 anos de experiencia centrada no videoxogo como ferramenta de transformación social, Cabañes botará un pouco de luz sobre as novas tecnoloxías dixitais e o seu impacto na infancia e na mocidade. Ao longo da súa charla analizará co público as problemáticas actuais abordando “como protexer os nosos datos e a nosa intimidade, evitando manipulacións e adicións, aprendendo a ter e transmitir un pensamento crítico sobre as tecnoloxías que usamos e os seus contidos”, explica esta experta.

“As novas tecnoloxías son unha realidade cada vez máis presente nas nosas vidas e nas nosas aulas, por iso dende o Concello cremos que é moi importante que docentes, nais e pais tomiñeses dispoñan da información, dos medios e das oportunidades para potenciar con total seguridade os seus usos educativos. E a Semana da Educación é un foro perfecto para abordar estas temáticas tan de actualidade”, destaca a alcaldesa, Sandra González.
Profesora en varias universidades de España e México, Eurídice Cabañes conta con máis de 60 publicacións entre artigos, libros e divulgación e deu máis de 140 conferencias en Asia, Europa, Australia, Norteamérica e Latinoamérica. Fundadora e directora da Fábrica Dixital El Rule, actual laboratorio de tecnoloxías da Secretaría de Cultura da Cidade de México e colaboradora do Centro Multimedia do CENART, Cabañes foi elixida como unha das 100 Game Changers en 2020 por Gameindustry, deseño de videoxogos diferentes.

As xornadas da VIII Semana da Educación de Tomiño serán de balde e celebraranse no auditorio municipal de Goián. As persoas interesadas en asistir e recibir certificado de asistencia poden inscribirse xa a través da web municipal. Para apoiar a conciliación e facilitar a asistencia de pais e nais, haberá servizo de canguraxe gratuíto para as persoas que o precisen dende o inicio ata o finalo das charlas.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas