Home Pontevedra O Condado O ponteareán Pablo Rodríguez, premio solista na VII Mostra Musical do Eixo...

O ponteareán Pablo Rodríguez, premio solista na VII Mostra Musical do Eixo Atlántico

- Anuncio -

Acudiu ao certame xunto a outro estudante do Conservatorio Municipal de Música de Ponteareas, Zeus Alfaya, que tamén fixo un gran papel

Grande actuación dos alumnos do Conservatorio Municipal de Música de Ponteareas Pablo Rodríguez e Zeus Alfaya esta fin de semana na VII Mostra Musical do Eixo Atlántico celebrada en Ferrol e que reflectiu o alto nivel musical das novas e novos intérpretes da eurorrexión.

O bombardino Pablo Rodríguez fíxose co premio na categoría de solistas de ata 10 anos, un dos galardóns desta mostra que busca poñer en valor ás novas e novos músicos, favorecer a innovación, a calidade, a interacción e a renovación do panorama musical do Eixo Atlántico. O xurado desta edición estivo formado por Ana María López, Cristina Dornelas, Nuno Peixoto, Nuria Campo, Luís Miguel Clemente e Raquel González, que destacaron a elevada calidade dos e das participantes desta edición.

O Concello quere trasladar os seus parabéns a Pablo “por este galardón que demostra todo o que está a conseguir na música a pesar da súa corta idade”, así como a Zeus, xa que ambos os dous “deixaron o nome de Ponteareas moi alto coas súas interpretacións e fixéronse un oco entre o máis alto entre os case 40 solitas participantes”.

Relacionadas

O programa Navega con Rumbo chega ao IES VAL DO TEA

0
A Escola de Nais e Pais do IES Val do Tea acolle a súa segunda xornada. O programa Navega con Rumbo da Consellería de...

O BNG de Meaño lamenta que os grupos da corporación municipal non apoiaran a...

0
A Alcaldía non admitiu a debate a moción de urxencia sobre os verquidos do Río da Chanca. O BNG de Meaño defendeu no Pleno celebrado...

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento...

0
O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe A...

Abre a presentación de ofertas para explotar o Bar de Portocelo

0
A concesión será por dous anos, con posibilidade de prórroga doutros dous, cunha proposta de renda mensual de 236 euros, máis IVE. O prazo...

Ampliase o prazo do sorteo de 100 tarxetas regalo polo Día da Nai

0
O Concello ampliou o sorteo de tarxetas regalo ata o 5 de maio, a partir de 30 euros de compra. As persoas participantes poderán...

Abre a convocatoria de participación na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu vén de...

Publicacións Relacionadas