Home Vigo O Porriño O Porriño aposta pola modernización das súas infraestruturas deportivas cunha intervención no...

O Porriño aposta pola modernización das súas infraestruturas deportivas cunha intervención no pavillón do CEIP Fernández López

- Anuncio -

● Un proxecto que transforma as instalacións deportivas en espazos modernos, accesibles e ao servizo de toda a comunidade.


● Esta actuación é parte do compromiso municipal e da Deputación de Pontevedra por mellorar as infraestruturas locais, fomentando un Porriño máis inclusivo e preparado para o futuro.

O Concello do Porriño anuncia o inicio dunha importante intervención no pavillón do CEIP Fernández López mediante a execución dun proxecto que busca transformar estas instalacións deportivas en espazos modernos, accesibles e plenamente adaptados ás necesidades da comunidade escolar e da veciñanza.

Xa están en marcha as reformas no pavillón deste centro escolar cunha intervención promovida no marco do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas (PEID) da Deputación de Pontevedra. Con un investimento total de 157.086,58 €, as actuacións teñen como obxectivo modernizar e mellorar a accesibilidade das instalacións deportivas, beneficiando tanto ao alumnado como á veciñanza do Porriño.
As melloras previstas inclúen unha ampla serie de intervencións. O pavillón será ampliado para que o terreo de xogo cumpra coas medidas regulamentarias, permitindo deste xeito albergar competicións oficiais de baloncesto, balonmán e tenis. Tamén se construirá un baño adaptado para persoas con mobilidade reducida, garantindo a inclusividade de todos os usuarios. As actuacións destinadas á accesibilidade contemplan a instalación de novas rampas, pasamáns e barandas, facilitando o acceso a todas as persoas.
Ademais, a reforma exterior incluirá medidas para previr humidades e a incorporación dunha varanda de vidro que mellorará a seguridade nas instalacións. Finalmente, crearase unha extensa zona verde de 800 m², que complementará o contorno escolar cun espazo atractivo para o lecer e a convivencia.
O financiamento desta obra está repartido entre a Deputación de Pontevedra, que achegará o 77% do orzamento cunha contribución de 120.974,93 €, e o Concello do Porriño, que asumirá os 36.111,65 € restantes. Este esforzo compartido subliña o compromiso conxunto por mellorar as infraestruturas deportivas da localidade.
O alcalde do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, destacou a importancia desta obra, afirmando:
“Esta é unha obra moi necesaria para que o alumnado do CEIP Fernández López e o resto da veciñanza dispoñan de instalacións deportivas modernas, accesibles e axeitadas para competicións oficiais. Seguimos traballando por un Porriño máis inclusivo e preparado.”
Estas melloras non só beneficiarán ao alumnado do CEIP Fernández López, senón que tambén proporcionarán instalacións deportivas modernas e accesibles para toda a veciñanza, fortalecendo o benestar comunitario.
As ditas actuacións reforzan o compromiso do Porriño coa mellora das infraestruturas locais, garantindo espazos de calidade para a práctica deportiva e o lecer. Con iniciativas como esta, o Concello segue avanzando para construír un Porriño máis inclusivo, moderno e preparado para as necesidades da súa cidadanía.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas