O Porriño celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

adminON
Lectura mínima de 1

●       O Porriño Orgulloso celebrarase co esperado concurso de Drag Queens e un concerto do grupo Las Antonias

Maña venres 28 O Porriño celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ co II Consurso Drag Queen do Porriño Orgulloso 2024 e un concerto posterior do grupo galego Las Antonias. As actuacións comezarán as 21:00 h na praza do Arquitecto Antonio Palacios.

A gala será presentada pola drag queen porriñesa Oliver Soto que sorprenderá aos asistentes con algunha actuación especial, e cerrarase co espectáculo do grupo Las Antonias. O grupo ten as súas orixes na Coruña no 2015, por iniciativa da súa vocalista Ana Lee. Las Antonias son coñecidas polas súas versións de boleros, nas que deconstrúen letras machistas con dose de humor para por en valor a figura da muller.

Comparte este artigo