● As persoas interesadas en participar no PIE 2024-205 poden inscribirse na oficina de Porremprego en Torneiros, a través do teléfono 986 33 82 17 ou no correo electrónico orientacion@porremprego.org
● O actual PIE, que está en curso ata o 15 de decembro, conseguiu xa unha inserción do 78%.
O Programa Integrado de Emprego 2014-25 quenta motores. Próximamente iniciará a súa actividade cun orzamento de 275.000 euros, 220.000 de achega autonómica e 55.000 euros de fondos municipais.
O novo PIE está deseñado para promover a inserción laboral e mellorar a ocupabilidade de 100 persoas desempregadas no Concello que se atopen rexistradas como demandantes de emprego. Reservaronse prazas específicas para grupos vulnerables, incluído persoas con discapacidade, vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos, maiores de 45 e parados de larga duración. “O noso obxectivo é alcanzar un mínimo do 40% de inserción laboral”, apunta a concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas.
O vindeiro luns 18 e martes 19 de novembro celebraranse reunións informativas abertas a todas as persoas interesadas que deseen informarse sobre este programa e/ou inscribirse. Será ás 10 h na 2ª planta do Edificio Multiusos de Torneiros.
A concelleira explica que “ao longo do programa, os participantes recibirán orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de procura de emprego e fomento da capacidade emprendedora, entre outras actividades. Ademais, ofreceranse itinerarios de formación adaptados aos seus perfís e necesidades, así como prácticas profesionais non laborais en empresas”.
A asistencia ás accións do programa será remunerada cunha bolsa por importe de 10€/día. Para favorecer a participación poñeranse en marcha medidas de conciliación para o coidado de menores ou maiores a cargo.
Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo reiterou a “firme aposta do Concello pola inserción laboral e o fomento do emprego. O obxectivo é que toda a veciñanza do Porriño teña a oportunidade de mellorar a súa situación laboral e acceder a un posto de traballo digno. A formación e o apoio son claves para logralo e estamos aquí para acompañar a cada un deles nese camiño”.
Cabe destacar os bos resultados que se están a obter no actual PIE, que aínda está en curso ata o 15 de decembro, e no que ata o de agora se conseguiu unha inserción do 78%.
As persoas interesadas en participar no PIE 2024-205 poden inscribirse na oficina de Porremprego en Torneiros, a través do teléfono 986 33 82 17 ou no correo electrónico orientacion@porremprego.org .

