Home Vigo O Porriño O Porriño posta pola xestión ética das colonias felinas co seu primeiro...

O Porriño posta pola xestión ética das colonias felinas co seu primeiro protocolo de actuación

- Anuncio -
  • O Concello licitou por primeira vez o servizo de captura, esterilización e solta de gatos e a xestión das súas colonias felinas que inclúe atención veterinaria
  • Ademais, o pasado pleno municipal aprobou o primeiro protocolo de control de colonias felinas, que regulará a inscrición de novas colonias, o rexistro de voluntarios, e os procedementos para a adopción de gatos

O Concello de Porriño deu un paso histórico ao licitar por primeira vez o servizo de captura, esterilización e solta (CES) de gatos nas colonias felinas do municipio. O contrato, adxudicado á asociación protectora de animais INMA por un importe superior aos 23.000 euros, ten como obxectivo garantir o benestar destes animais e o control da súa poboación, aliñándose coa lexislación vixente e promovendo unha xestión ética e responsable das colonias.

O servizo licitado inclúe unha serie de medidas fundamentais para o manexo adecuado dos gatiños da rúa. Entre elas, destácanse a atención veterinaria integral, que abarca desparasitación, vacinación, e microchipeado; a captura e a súa posterior liberación no seu lugar de orixe ou, no seu caso, a súa entrega en adopción.

O método CES implementarase coa intención de controlar a poboación de gatos e mellorar as súas condicións de vida. O procedemento realizarase co máximo respecto cara aos animais, empregando gaiolas trampa baixo supervisión para evitar o estrés dos felinos. Todos os animais capturados serán avaliados por veterinarios antes de ser esterilizados e marcados para facilitar a súa identificación e seguimento.

Ademais, o pasado pleno municipal aprobou o primeiro protocolo de control de colonias felinas, que regulará a inscrición de novas colonias, o rexistro de voluntarios, e os procedementos para a adopción de gatos. Este protocolo ten como finalidade mellorar a calidade de vida dos felinos e  fomentar a concienciación sobre a importancia da esterilización e a adopción.

Con esta iniciativa, o Concello do Porriño quere reforzar o seu compromiso co benestar animal e coa colaboración de colectivos e voluntarios, quen serán clave na xestión das colonias e o desenvolvemento das accións establecidas no protocolo.

“O noso principal obxectivo é garantir o benestar animal e controlar a poboación de gatos rueiros, que poidan convivir connosco sen molestias e en boas condicións sanitarias”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Antía Carrera, “pero tamén queremos fomentar a concienciación e colaboración da sociedade en xeral, que se impliquen e coñezan a importancia de coidalos”.

No mesmo sentido expresouse o alcalde, Alejandro Lorenzo, “en definitiva o que buscamos é implementar unha xestión responsable das nosas colonias felinas e promover un modelo de convivencia harmónica entre os animais e a veciñanza. Porque O Porriño somos todos”

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas