● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal
● Os Reis Magos chegarán no Tren do Nadal e precedidos pola carroza do Metro de Madrid e as rondallas, en caso de que non chova
A choiva non impedirá que Melchor, Gaspar e Baltasar visiten ás nenas e nenos do Porriño horas antes da máxica noite de Reis. O Concello do Porriño informa que, como estaba previsto, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegarán á Vila do Louro o vindeiro 5 de xaneiro. Con todo, debido ás previsións de choiva, decidiuse trasladar a recepción ao pavillón municipal (pista principal), garantizando así que toda a cativada poida disfrutar con tranquilidade de tan esperado encontro.
Aínda que non se poderá levar a cabo a tradicional cabalgata, a comitiva real, presidida polos Reis Magos, estará esperando ás/aos pequenas/os para recibir as súas cartas e facer realidade os seus soños. A recepción comezará ás 17:30 h coa actuación das tres rondallas locais: a Rondalla de Pontellas, a Rondalla Santa Eulalia de Atios e a Rondalla Santa María do Porriño, que coa súa música amenizarán a espera. A comitiva real, composta por 120 persoas, acompañará a Melchor, Gaspar e Baltasar na súa chegada ao pavillón no Tren do Nadal.
Desde o Concello do Porriño convidan a todas as familias a participar deste momento tan especial e gozar dunha tarde máxica coas Súas Maxestades.