HomeVigoO PorriñoO Porriño súmase de novo á Hora do Planeta

O Porriño súmase de novo á Hora do Planeta

- Anuncio -spot_img

• As luces da Casa Consistorial e do Templete de San Luis apagaranse este sábado 25 de marzo entre as 20:30 h e as 21:30 h xunto a miles de edificios e monumentos de todo o mundo para reivindicar o seu compromiso coa natureza

As luces do Templete de San Luis e da Casa Consistorial apagaranse entre as 20:30 h e as 21:30 h deste sábado 25 de marzo reivindicando o compromiso do Concello do Porriño coa natureza e o clima.

O municipio súmase un ano máis ao movemento global #HoradoPlaneta apagando as luces ao igual miles de monumentos, fogares e edificios de todo o mundo.

A ciencia é clara. Esta década debe ser o punto de inflexión onde se recoñeza valor da natureza e se priorice a súa recuperación xunto á do noso clima. Sabemos que os próximos sete anos son cruciais para determinar se nos manteremos dentro dos nosos límites, por debaixo do limiar climático de 1,5 ºC e cunha natureza máis sa e robusta, ou se pasaremos a un estado de degradación ambiental irreversible e de cambio climático desbocado con todas as súas implicacións socioeconómicas. Sete anos non son nada e o 2023 é o primeiro deles. Por iso dende o Concello reivindican máis ambición e máis rapidez xa que o cambio climático e a perda da natureza combinadas poñen en perigo a nosa calidade de vida e a das futuras xeracións.

Así mesmo, dende a administración local animan á veciñanza a sumarse a esta acción e apagar as luces durante esa hora.

Publicacións Relacionadas