test
Home Vigo O Porriño O Porriñoo renovará o asfalto de varios viais do centro urbano e...

O Porriñoo renovará o asfalto de varios viais do centro urbano e parroquias

- Anuncio -
  • O Concello licita traballos de reposición do firme por máis de 150.000 euros
  • Executaranse asfaltados no centro urbano, Cans e Atios 

O Porriño invertirá máis de 150.000 euros en renovar o asfalto de varios viais do centro urbano e das parroquias de Cans e Atios.

A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, sacou a licitación os traballos de reposición do firme nas rúas Fernández Areal, Pego  e Fontevella e de viais en Cans, Roupeiro e As Cavadas. As empresas interesadas en executar estes traballos, que contan con financiación provincial, ao abeiro do Plan + Provincia 2024, xa poden presentar as súas ofertas. 

Na rúa Fernández Areal acometerase a reconstrución da capa de rodadura, “algo moi demandado pola veciñanza na actualidade o pavimento asfáltico atopase en mal estado de conservación e a súa degradación vese cada vez máis acelerada”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Trátase dun vial cun importante tráfico rodado, xa que enlaza o centro da vila co Centro de Saúde, o pavillón municipal e outros servizos”, continuou, “Esta intervención esténdese aos camiños Fontevella e Pego”. A actuación conxunta abarca unha superficie de 570 m de lonxitude e un ancho medio de 6,5 metros, polo que a superficie de actuación abarcará os 3700 m.

Estas actuacións compoñen o primeiro lote dos traballos que conta cun orzamento base de 105.545 euros.

Por outra banda, intervirase nas parroquias de Atios (Cavadas e Roupeiro) e Cans, onde se levarán tamén melloras do firme, que inclúen en algúns puntos ampliacións de calzada. obras por realizar consisten en la mejora del firme.  En As Cavadas repoñerase o firme nun tramo de 164 m, cunha superficie de de capa de rodadura de 767m²; no Roupeiro actuarase nun tramo de 224 m, previo fresado, e cunha superficie total de intervención de 1.581 ² e en Cans renovarase un tramo de 99 m, cunha superficie da capa de rodadura es de 374m². Será necesario ampliar 66m2 de calzada e a colocación de 31m de bordillo de formigón. Estes traballos contan cun orzamento base de 47.915  euros.

“Son moi consciente da necesidade de levar a cabo reparacións en moitos viais do municipio, a falta de conservación e mantemento durante anos fixo estragos, pero chegaremos a todos e cada un deles. A mellora da rede viaria é un dos meus compromisos e seguirá a selo”, concluíu o rexedor.

Relacionadas

VIII Festival Vila de Baiona

0
Este sábado 29 de xuño ás 22:00h a praza do Concello acolle o 8º “Festival Vila de Baiona” organizado pola Asociación Folclórica Vila de...

A Deputación recomenda despuntar e esfollar as viñas de xeito prioritario para favorecer a...

0
As néboas e a precipitación fina dos últimos días foron favorables ao avance do oídio e comezan a observarse síntomas de erinose de verán Nas...

O BNG alerta dun “verán crítico” en Vigo polo peche e a redución de...

0
A fronte nacionalista demanda á Xunta un plan de reforzos urxente para evitar un “maior colapso” da Atención Primaria, con recortes xa confirmados nos...

Redondela promove o uso da lingua na infancia co agasallo “Medrando co galego” para...

0
A caixa de agasallo que reciben as familias inclúe libros, unha bolsiña da merenda, lapis de cores e unha friameira. “Trátase de ofrecer ás...

Tui presente na sinatura do histórico acordo de colaboración entre das Redes de Xudarías...

0
O convenio impulsará iniciativas de promoción conxuntas que poñan en valor o patrimonio común da pegada xudía e xudeoconversa en España e Portugal O Concello...

Tui acollerá en xullo dous talleres especializados en IA dirixidos ao pequeno comercio

0
Serán o luns 8 e o mércores 10 grazas á colaboración entre a Oficina Acelara Peme de AEMOS e o Concello de Tui Tui acollerá...

Publicacións Relacionadas