HomeO MorrazoMarínO Pórtico da Gloria de Villafinez será restaurado

O Pórtico da Gloria de Villafinez será restaurado

- Anuncio -spot_img

O cadro saíu hoxe do Museo Manuel Torres para pasar polo obradoiro de Eva Fontoira e
revitalizar este patrimonio, que ten unha importancia aínda maior en pleno Xacobeo.

A cultura e a arte é un dos eixes máis importantes do sostemento da nosa historia. O
Concello de Marín quere seguir traballando para conservar todo o patrimonio cultural que
ten no seu haber e especialmente neste ano, no que se celebra o Xacobeo, a Concellaría
de Cultura anuncia que se restaurará un cadro de Villafinez, “El Pórtico de la Gloria”.
“Estamos nun ano único, que se estenderá até 2022, e que pon a Galicia como un faro
desde o que gozar da cultura, da historia e dunha tradición tan rica e arraigada e
internacionalizada como é o Camiño de Santiago. O Pórtico da Gloria, ese lugar
emblemático da catedral, foi retratado de xeito maxistral por Villafinez e por iso
queremos darlle unha nova vida”, afirmou a concelleira Itziar Álvarez.
A restauradora Eva Fontoira, que xa foi a encargada de dirixir tamén a restauración do
cadro de Torres recentemente, recibiu o cadro, que se atopaba no Museo Manuel Torres,
e que agora pasará ao seu obradoiro, onde estará cerca dun mes en pleno proceso de
revitalización.
O pintor Martínez Villafinez era natural de Marín e firmou este cadro en Santiago, no 1993.

Ten un marco de moldura sinxela policromado en verde e marrón, cun fío dorado
entremedias. Como o seu título indica, é unha representación do Pórtico da Gloria da
Catedral de Santiago de Compostela, tema recurrente do autor e moi característico.
O estado de conservación do cadro non é excesivamente bo e tanto o lenzo como o marco
en si precisan ser intervidos. A alteración máis evidente é a oxidación da capa de barniz,
que crea unha atmosfera de bruma amarela que distorsiona a cor orixinal da obra.

Publicacións Relacionadas