Home Pontevedra Caldas O PP advirte que o convenio da Ran obriga aos veciños de...

O PP advirte que o convenio da Ran obriga aos veciños de Cuntis a asumir todos os riscos cunhas condicións nefastas e que poden provocar unha catástrofe económica

- Anuncio -

• Advirten que “SEA e Zona Franca queren levarse todos os beneficios e non asumir ningún risco, só unha parte do investimento. Desde logo que fan un negocio redondo a costa do Goberno socialista de Cuntis”.


• “O convenio está montado sobre uns cálculos económicos irreais, con graves deficiencias. Isto demostra que os aumentos de obra que asumirá o Concello de Cuntis serán millonarios”.

O PP advirte que o Goberno local pretende aprobar no pleno de mañá, xoves, o convenio con SEA e co Consorcio Zona Franca de Vigo para desenvolver o polígono 1 da RAN cunhas “condicións nefastas” para Cuntis, que poden provocar “unha catástrofe económica aínda máis grave da que soporta actualmente o concello”.

A voceira popular e candidata á alcaldía, Isabel Couselo, afirma que “o documento obriga aos veciños de Cuntis a asumir todos os aumentos de obra, indemnizacións e cantos riscos xurdan na operación, algo inasumible para o noso concello debido ás grandes débedas que ten e á complicada situación económica que atravesa”. Por iso insiste en reclamar ao alcalde “que recapacite, que se impoña ao seu partido e defenda os intereses dos veciños eliminando estas cláusulas e asinando un bo convenio para Cuntis”.

Di que basta con modificar e corrixir o documento para que SEA e Zona Franca asuman estes riscos da operación, “xa que tamén van ser os propietarios de todo o solo industrial que se poña á venta na Ran. Queren levarse todos os beneficios e non asumir ningún risco, só unha parte do investimento. Desde logo que fan un negocio redondo a costa do Goberno socialista de Cuntis”.

Ademais, explica que o convenio ten outras deficiencias: “non se fixan os prezos de venta das parcelas, polo tanto, non sabemos si seremos competitivos, e conta con numerosas cláusulas que permiten botar abaixo o convenio en calquera momento”.

Couselo critica que “estas dúas entidades non están dispostas a asumir os excesos e imprevistos, e o alcalde tampouco foi quen de impoñerse”. Para ela, “esta tiña que ter sido unha condición innegociable para asegurar o polígono e polo ben dos veciños”.

Ademais, di que “canto máis acceso á documentación temos, máis nos preocupa a situación e as consecuencias que poida provocar este convenio. Está montado sobre uns cálculos económicos irreais, con graves deficiencias. Isto demostra que os aumentos de obra que asumirá o Concello de Cuntis serán millonarios. Lamentablemente, o tempo daranos a razón, pero será tarde para poñerlle freo”. A no ser que, continúan os populares, “a firma deste convenio sexa papel mollado, sexa un anuncio electoralista e quede en fume”.

Nesta liña, cuestiona a capacidade de xestión de David Regades, o secretario xeral do PSOE provincial, ao fronte de Zona Franca, “que deixou de ser un instrumento de promoción económica, industrial e do emprego para converterse noutro aparato máis de propaganda política dos socialistas na provincia”, e recorda que dos 39,2M€ que tiña Zona Franca nos orzamentos para 2022, só están executados 6,7M€. Están deixando sen investir 8 de cada 10 euros. Prometen e non fan absolutamente nada”.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas