Home Tabeirós Forcarei O PP advirte que o entramado entre o Goberno de Forcarei e...

O PP advirte que o entramado entre o Goberno de Forcarei e a Deputación para tapar a incompetencia da alcaldesa pode poñer en risco a reforma da Casa da Xuventude

- Anuncio -

● Cubela: “No pleno non puideron explicar por que faltou a xefa do servizo de arquitectura á comisión do ReacPon ou por que se reuniu para valorar un proxecto que non chegou ao rexistro do concello e da Deputación ata un día despois, nin tampouco aclararon cal dos catro proxectos orixinais ten o Concello de Forcarei se modificou hoxe”.

O grupo provincial do Partido Popular advirte que o entramado entre a alcaldesa e a Deputación de Pontevedra para tapar a incompetencia e as irregularidades do Goberno de Forcarei pode poñer en risco o proxecto da reforma da Casa da Xuventude. “Queremos evitar un quebranto ás arcas municipais e esixir que se fagan as cousas ben”, sinala o voceiro do grupo popular, Jorge Cubela, e por iso solicitou, sen éxito, que “por responsabilidade cos veciños de Forcarei”, se retirase este punto da orde do día e se celebrase a comisión de seguimento para dar resposta e aclarar as cuestións e dúbidas plantexadas polos populares.

“Hai un entramado entre o Goberno local de Forcarei e a Deputación para tapar a incompetencia dunha alcaldesa que funciona á marxe da lei, que non convoca plenos ordinarios, que envía proxectos á Deputación que non son aprobados polo pleno municipal, que minte sobre a titularidade do edificio, que solicita por escrito que se anulen informes do expediente, e que funciona a base de mentiras como que está construíndo un centro de día, e que é outra mentira máis, tal e como se pode observar no propio proxecto, ou que fai modificados adaptados á baixa económica da licitación, poñendo en risco a estabilidade dun edificio e que pode causar un grave dano ao Concello de Forcarei e ao seus veciños e veciñas, e dano tamén a esta institución que é cooperadora necesaria para este despropósito”.

Foi durante o pleno provincial que se celebrou esta mañá, na que Cubela advertiu que a documentación do expediente que se levaba hoxe a pleno inclúe a acta da comisión de persoas expertas do REACPON para valorar un proxecto que a Deputación non tiña para o seu estudo: a comisión celebrouse o 12 de decembro ás 13:30 horas, e a empresa redactora enviou este proxecto ao concello o día 12 de decembro ás 20:00 horas e non se rexistrou na Deputación ata un día despois, ás 9:46 horas. “Como pode celebrarse a comisión e redactarse a acta cando nin a propio concello tiña o proxecto?”, preguntou Cubela. Ademais, dixo que resulta “curioso” tamén que a acta desa reunión de expertos di, textualmente, “non obstante, chama a atención que en ausencia da Xefa do Servizo de arquitectura non se designara a outra persoa na súa substitución”. Unha ausencia, que para os populares é significativa, pois ese é o servizo que debería estudar o proxecto modificado.

“No pleno non puideron explicar por que faltou a xefa do servizo de arquitectura a esa comisión ou por que se reuniu para valorar un proxecto que non chegou ao rexistro do concello e da Deputación ata un día despois, nin tampouco aclararon cal dos catro proxectos orixinais ten o Concello de Forcarei se modificou hoxe”, denunciou o popular.

Ademais, recorda que a todo isto hai que sumar que existe un incumprimento da base sexta reguladora do programa ReacPon, porque o Concello de Forcarei non dispón da titularidade do edificio, que é un dos requisitos esixidos no plan e motivo polo que outros concellos quedaron excluídos. “Hai no expediente un informe da secretaria interventora de Forcarei, de data de setembro de 2021, no que aclara que Forcarei non conta con este requisito. E a alcaldesa, un mes despois, solicitou á Deputación que este informe fora anulado e non tido en conta na tramitación do expediente. Algo gravísimo”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas