HomePontevedraPontevedraO PP contará na provincia con máis de 4.000 interventores e apoderados

O PP contará na provincia con máis de 4.000 interventores e apoderados

- Anuncio -spot_img

O Partido Popular de Pontevedra mobilizará este domingo a máis de 4.000 interventores e apoderados nas 1.344 mesas electorais da provincia, que serán a imaxe e a voz do partido nos colexios, desde a constitución ata o final do escrutinio.

O presidente provincial, Luis López, agradece e pon en valor a importancia desta labor desinteresada que realizan os interventores e apoderados do partido, entre os que hai afiliados, simpatizantes e cargos. “Forman parte de todo ese equipo de persoas comprometidas co proxecto do Partido Popular en cada concello, que forman parte da campaña que non se ve, pero que é fundamental para acadar resultados”, destaca.

Nesta liña, subliña que son o músculo, a base e a forza da que non pode presumir ningún outro partido e da que os populares se senten profundamente orgullosos”.

Publicacións Relacionadas