HomePontevedraA LamaO PP da Lama designa a Canda para que intente buscar a...

O PP da Lama designa a Canda para que intente buscar a integración das candidaturas independentes nas listas do Partido Popular

- Anuncio -spot_img

· O alcalde iniciará contactos cos promotores de iniciativas independientes que teñen anunciado o seu desexo de concurrir ás vindeiras eleccións municipais.

· Canda ten o cometido de intentar buscar o máximo consenso posible para que a alternativa do Partido Popular, que encabeza David Carrera, sexa a que concite a maioría cualificada dos apoios do electorado da Lama “porque somos o partido que máis se parece á Lama e a Galicia”, indicou.

A agrupación local do PP da Lama acaba de comisionar a Jorge Canda para que inicie contactos cos principais promotores das candidaturas independentes co fin de buscar unha fórmula de consenso que permita integrar todas as sensibilidades baixo o proxecto común do Partido Popular que encabeza David Carrera.

Ante o anuncio en redes sociais e entre a propia veciñanza do desexo de varias persoas de conformar candidaturas independentes cun fío ideolóxico similar ao do Partido Popular e que o único que farían coa súa irrupción no panorama político sería debilitar as opcións do PP da Lama para conseguir manter ou aumentar a súa maioría absoluta, a agrupación local decidiu encomendarlle a Jorge Canda a tarefa de establecer contacto con eles e buscar puntos de encontro que contribúan a engrandecer o proxecto común do Partido Popular na Lama liderado por David Carrera.

Jorge Canda manifestou que “estamos dispostos a falar con todo o mundo, sobre todo con aquelas persoas que queren facer algo positivo polo seu pobo e que están a traballar na posta en marcha de iniciativas de participación política que poden caber perfectamente no proxecto común que representa o Partido Popular na Lama. Para elo, imos falar clara e abertamente, sen condicións previas e convidarlles a establecer un diálogo franco e aberto co fin de garantir que froito deses contacto saia a mellor alternativa e proposta de traballo para favorecer os intereses xerais dos veciños e veciñas da Lama”, indicou Canda.

“O que está claro é que todos os que queremos traballar por A Lama e que queremos á Lama temos que atopar un punto de encontro que nos permita empurrar todos a unha para que o noso concello saia adiante, progrese e poida dispoñer das mellores ferramentas para garantir o seu futuro. Nós temos claro que dividir o voto o único que vai facer é perxudicar ao PP e tamén á estabilidade de goberno que é o queren outros. Nós apostamos por unir, por traballar todos xuntos e por facer da Lama un proxecto común co que todo o mundo se sinta identificado. O Partido Popular é o que máis se parece á Lama e a Galicia”, manifestou o actual alcalde.

“Poremos todo da nosa parte para que iso sexa así. Somos unha clara opción de goberno e queremos que quen teña que aportar o faga de maneira positiva unindo esforzos con nós. Todas as sensibilidades caben perfectamente na candidatura do Partido Popular e imos facer todo o posible para que aquelas persoas que sinceiramente queiran traballar por e para A Lama o fagan con nós”, concluíu Jorge Canda.

Publicacións Relacionadas