Home Deza Agolada O PP de Agolada presenta xunto a Ángeles Vázquez un programa de...

O PP de Agolada presenta xunto a Ángeles Vázquez un programa de dinamización económica para revitalizar a implantación de empresas e a creación de emprego

- Anuncio -

● A candidata á alcaldía, Carmen Seijas, centra na aprobación do PXOM o primeiro fito necesario para facer posible o desenvolvemento económico do concello, que terá ademais de chegar ela á alcaldía unha oficina de dinamización económica destinada á captación de empresas e á busca de financiación europea para o fomento do autoemprego

● Seijas comprométese a crear unha concellería con competencias en vivenda que acompañe aos veciños na busca de financiación para mercar e rehabilitar vivendas no rural, poñendo de manifesto o seu interese en converter os pendellos nun centro neurálxico dos mercados de proximidade relacionados coa artesanía, incluída a agroalimentaria

● Ángeles Vázquez explicou aos veciños asistentes as diferentes liñas de actuación en vivenda de xeito que se facilite a volta ao rural da poboación, afirmando que a Xunta sempre estará receptiva a proxectos serios chegados desde Agolada que vaian na liña de impulsar ao sector empresarial e o urbanismo responsable

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Agolada, Carmen Seijas, estivo acompañada hoxe pola responsable de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do Goberno galego, Ángeles Vázquez, no acto de presentación do seu proxecto para desenvolver no vindeiro mandato un ambicioso programa económico que revitalice o concello co fin de fixar poboación e mellorar as condicións de vida dos seus veciños.

Ángeles Vázquez transmitiu o apoio do seu departamento a calquera proxecto serio que no ámbito das súas competencias chegara desde Agolada. Afirmou neste sentido ter a seguridade de que Agolada tería con Seijas avances importantes en áreas como a ordenación do territorio, o desenvolvemento empresarial e unha correcta información das posibilidades que ofrece hoxe a Xunta para adquirir e mellorar a vivenda no rural.

A responsable de Medio Ambiente do Goberno galego expuxo as liñas de axudas destinadas ao asentamento de poboación no rural en materia de rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética das vivendas, así como a loita contra o feísmo.

Vázquez tamén fixo chegar aos empresarios alí presentes as posibilidades que o seu departamento pode ofrecer na mellora dos servizos dos polígonos industriais, animando aos presentes a solicitar os fondos que a Administración autonómica pon á súa disposición para tal fin.

CARMEN SEIJAS: “SEN PXOM TODO É MÁIS DIFÍCIL”

Aproveitando esta visita, a candidata do PP á alcaldía, Carmen Seijas, fixo chegar aos presentes as premisas básicas do seu programa de dinamización económica co cal pretende revitalizar un concello que nos últimos catro anos “perdeu o tren da modernidade, xa que non se fixo absolutamente nada no que respecta a dotar a Agolada de novos retos en materia de empresas e de emprego”.

“A este alcalde enchéuselle a boca falando de que ían vir empresas para Agolada e a única medida que tomou neste eido foi todo o contrario a ser atractivo para elas: tratando de pechar a empresa que máis emprego xera no concello como é Lácteos Farelo. Unha decisión da cal aínda terá moito que explicar”, afirmou.

Seijas centrou a súa aposta económica na aprobación do PXOM no seguinte mandato. Un plan que considera básico e necesario para poder facer unha aposta forte por atraer emprendemento: “A ordenación é a clave para sacar Agolada do letargo no cal está sumida. Unha vez máis temos que ser nós os que volvamos a mover o PXOM sen o cal non poden desenvolverse novas actividades empresariais e incluso se frea a posibilidade de que o noso agro xere novas oportunidades en forma de explotacións. Aprobar o PXOM no seguinte mandato será para nós innegociable e desde o primeiro día poñerémonos a traballar no seu desbloqueo e na súa tramitación”.

Seijas amosou aparte outras liñas importantes do seu programa como a creación dunha oficina de dinamización económica e captación de empresas que se dedique a trasladar a iniciativas de negocio que busquen lugar onde asentarse a posibilidade de instalación en Agolada. Para o cal se fará unha aposta pola redución de impostos e a facilitación dos trámites de asentamento da mesmas, pretendendo integrar ao concello dentro do programa Doing Bussines da Xunta de Galicia.

Esta oficina ademais seria a responsable de estudar a presentación de proxectos de dinamización que poidan captar fondos Next Generation: “Preparando ben as convocatorias sen caer no máis absoluto ridículo como pasou con este goberno no ReacPon da Deputación de Pontevedra, quedando sen un só euro e sendo o único concello da comarca sen chegar á puntuación mínima”.

O PP comunicou aos asistentes a súa intención de converter os pendellos nun centro neurálxico e de referencia dos mercados de proximidade relacionados coa artesanía, incluído a alimentaria, promovendo a celebración de feiras periódicas.

No relativo a vivenda e aproveitando a presenza da conselleira do ramo, Seijas comunicou que, chegada á alcaldía, dará competencias en materia de vivenda a unha concellería que terá como principal fin acompañar aos veciños de Agolada ou a aqueles que desexen instalarse no concello na solicitude das diversas liñas que a Xunta ten para adquirir, mellorar e rehabilitar vivenda.

O PP de Agolada terá ademais en conta a posible instalación de Altri na cercana localidade de Palas de Rei e, de levarse a cabo, porá en marcha un plan que vaia na liña de formar especificamente a desempregados para poder optar a incorporarseá plantilla da empresa portuguesa. “Estaremos atentos a evolución deste proxecto dende o primeiro día”, afirma Seijas.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas