HomePontevedraCaldasO PP de Caldas denuncia a “nula xestión” dun “desgoberno esgotado e...

O PP de Caldas denuncia a “nula xestión” dun “desgoberno esgotado e dividido”

- Anuncio -spot_img

Fernando Pérez critica a perda do festival Portamérica e a nula programación cultural nas festas de San Xoán.

O Partido Popular denuncia que o Concello de Caldas de Reis está en mans dun “desgoberno, que agora non só non xestiona, senón que ademais adican máis tempo ás batallas internas que a traballar, en prexuízo dos veciños”. Un “desgoberno esgotado e dividido”, explica o voceiro Fernando Pérez, “cunha xestión nula dos recursos e servizos municipais, e que está provocando perda de oportunidades para Caldas de Reis”.

O popular critica a perda definitiva do festival Portamérica en Caldas de Reis, “sen saber a día de hoxe que contía nos vai a custar aos caldenses o festival no Concello de Portas”. Ademais, tamén cuestiona que “durante anos o Goberno local rexeitou bonificar as entradas aos menores de 30 anos como solicitabamos PP e BNG e, nesta edición, como Portas si o fixo, resulta que si foi posible. É unha mágoa que un des-goberno socialista dun concello de case que 10.000 habitantes, e que pon unha morea importante de cartos para a organización do festival, teña que copiar a un concello no que goberna o Partido Popular que dispón dun orzamento municipal que é un tercio do de Caldas de Reis”.

Para os populares, tratar se escusar esta perda coa celebración da Festa da Xuventude “é inaceptable”, e recordan que a festa que se celebrou na Tafona foi organizada exclusivamente por unha entidade privada e os espectáculos non lle custaron un só euro ao concello. “Inaceptable” como tamén o foi “o anuncio da acampada na Carballeira cando non tiñan presentado na Xunta de Galicia o Plan de Xestión de uso de ese elemento declarado BIC, un documento obrigatorio e que tivo que ser requirido por escrito ao des-Goberno, que está sendo obxecto de especial vixilancia por parte do Defensor do Pobo”. Por iso, engaden, a dous días do festival tiveron que trasladar a zona da acampada.

EN RISCO INVESTIMENTOS FUNDAMENTAIS PARA CALDAS

Pero os populares non só denuncian a perda do Portamérica. Apuntan que hai varias iniciativas de empresas privadas, “todas elas moi importantes para o futuro económico e a creación de emprego no concello” que están en perigo porque “o desGoberno municipal é incapaz de reforzar con persoal o departamento de urbanismo, un departamento que está colapsado e con retrasos de case seis meses, ou porque non desbloquea os problemas burocráticos que se atopan estas iniciativas privadas para desenvolver o seu solo industrial”.

SEN UN XESTO POLO FALECEMENTO DE DON MAXIMO SAR

Outra das cuestións que denuncian os populares “neste xuño crítico do desgoberno de Caldas de Reis”, é a falta de iniciativa para facer un xesto público tras o falecemento de Don Máximo Sar, fillo predilecto de Caldas de Reis desde 2020, por unanimidade de todos os grupos políticos. “Nin unha declaración institucional para amosar o pésame de todos os grupos, e aproveitamos a ocasión para lamentar este falecemento e amosar o noso agarimo á súa familia, nin un xesto público de ningún tipo cara unha persoa que fixo tanto polo noso concello”.

SEN PROGRAMACIÓN PARA SAN XOAN

E o colofón, sinalan, chega coa celebración do San Xoán, “unha festividade de gran tradición en Caldas de Reis e que non contou con ningún tipo de programación por parte do concello”. Recorda Pérez que antes da pandemia era a comisión de festas a que organizaba a celebración no Campo da Torre e, ante a imposibilidade desta comisión de organizar este ano os festexos, o Goberno local prefire perder esta festa en lugar de intentar recuperala e mantela no tempo. “É cuestión de actitude e interese, e este Goberno o que está amosando cada día é que está totalmente esgotado e centrado en exclusiva nas súas liortas”.

Publicacións Relacionadas