Home Pontevedra Caldas O PP de Cuntis acusa ao alcalde de esconderlle aos veciños as...

O PP de Cuntis acusa ao alcalde de esconderlle aos veciños as débedas do concello e as consecuencias graves que terá nos próximos doce anos

- Anuncio -

• “O concello queda intervido polo Estado para os próximos 12 anos, atados de pés e mans para tomar decisións e sen poder realizar grandes investimentos. Todo isto por mandar facer traballos sabendo que non había diñeiro para pagar, e dun xeito desmesurado nos últimos catro anos”, sinala Isabel Couselo.

• Hai facturas sen pagar que superan o millón de euros.

O PP de Cuntis denuncia a continua manipulación que está facendo o Goberno socialista da información que se traslada ós medios de comunicación sobre a situación do concello. O máis escandaloso, apuntan a voceira Isabel Couselo, foi dicir que a débeda global de Cuntis é 608.000 euros. “Isto é rotundamente falso, ese é o crédito que se vai formalizar nos vindeiros días para pagar só unha parte das débedas, pero o total de facturas sen pagar pode estar xa por riba de un millón de euros. Polo tanto, vai quedar case a metade sen pagar e sen saber como imos resolver o problema. E a isto hai que sumarlle os dous créditos que xa ten o concello, un deles por todos eses farois que se colocaron nas aldeas uns meses antes das eleccións, e polos que se debe aínda máis de 400.000 euros”, sinala.

No pleno celebrado esta semana, Couselo desvelou os datos “da grave situación económica” do concello, tanto das débedas como das consecuencias que vai ter ese novo crédito: tirar con escandalosas cantidades en intereses, varias subidas de IBI, do imposto dos vehículos e outras taxas ós veciños, a partir xa de xaneiro; cobro polas terrazas e o servizo de emerxencias… Pero o máis grave, apunta a voceira, “é que Cuntis queda intervido polo Estado para os próximos 12 anos, atados de pés e mans para tomar decisións e sen poder realizar grandes inversións. E as consecuencias graves non as imos ver o ano que vén, senón dentro de varios anos. Quedamos estrangulados ata 2034. Todo isto por mandar facer traballos sabendo que non había diñeiro para pagar, e dun xeito desmesurado nos últimos catro anos”.

Ademais, no pleno os populares xa pediron explicacións doutras declaracións do Alcalde dos últimos días, nos que ademais de disfrazar a grave situación económica do Concello, “non ten o máis mínimo pudor en culpar a funcionarios municipais, e inventar trabas nos informes que son falsas, e responsabilizalos da decisión de non modificar o orzamento deste ano. Cando o único responsable de non corrixir os graves erros que ten é o Goberno socialista. Como o dos 205.000 euros en licenzas do Polígono industrial, cando é totalmente imposible. Non hai un só papel firmado ó respecto, polo que non haberá polígono neste ano nin nos próximos. Iso si, uns meses antes das eleccións, sacarase fume en prensa para confundir ós veciños”.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas