HomePontevedraCaldasO PP de Cuntis critica que o Goberno deixa fora do orzamento...

O PP de Cuntis critica que o Goberno deixa fora do orzamento municipal máis de 1 millón de euros de débeda, ao non destinar nin un só céntimo para pagar as facturas que levan meses e anos sen tramitar

- Anuncio -spot_img

O Partido Popular de Cuntis denuncia que o Goberno local acaba de aprobar o orzamento novo por importe de 4 millóns de euros, e no que deixan fóra e sen previsión de pago o máis de un millón de euros que teñen de débeda.

Por iso, desde o PP presentouse unha emenda aos orzamentos, solicitando a súa modificación para incluír ditas débedas. Argumentan que se trata da obriga legal de facer fronte ós 563.000 € de gastos recoñecidos pendentes de pago (o remanente de tesouraría negativo do 2019) e ós case 600.000 euros “de facturas que seguen no caixón, sen tramitar, facturas de empresas, autónomos e traballadores moitos deles locais e que levan meses e anos á espera de cobrar”. Consideran que “está moi ben pensar en obras novas pero o primeiro é pagar o que se debe, trátase da obriga legal pero tamén moral cara tódolos traballadores e as súas familias. E o peor é que se segue abusando das empresas, mandando facer traballos cando se é consciente de que non hai diñeiro para pagarlles”. Nesta liña, recordan que empresas como Geseco xa formalizaron esa queixa en forma de denuncia no Xulgado. Os Populares de Cuntis aseguran que non será a única e lamentan que as empresas teñan que recorrer á vía xudicial afrontando aínda mais gastos para cobrar o que lles pertence.

Desde o PP lamentan que o grupo socialista votase en contra de modificar os orzamentos para incluír o pago desas débedas, nin de xeito total nin parcial; tildando de pataleta a enmenda presentada.
Os populares critican “ese menosprezo continuo do grupo socialista cara a labor de oposición, nun intento por desviar a atención do realmente importante: o despilfarro de diñeiro nos anos 2018 e 2019 do grupo socialista e que segue sen pagar”.
Outro aspecto que quedou fóra do presuposto é a bonificación ou redución das taxas municipais para este ano como medida de axuda ós sectores mais prexudicados por esta crise sanitaria, tal como solicitaban os populares; medida que se está aplicando na maior parte dos concellos dende fai meses e á que o grupo socialista se opón.

Publicacións Relacionadas