Home Pontevedra Caldas O PP de Cuntis denuncia a “desfachatez” do grupo socialista, que incumpre...

O PP de Cuntis denuncia a “desfachatez” do grupo socialista, que incumpre os bandos que emite e continúa co despilfarro de diñeiro, aumentando aínda mais as débedas do Concello

- Anuncio -

• Critica o comportamento intolerable do Grupo Socialista, mandando un bando ós veciños e o Concello é o primeiro en incumprilo.

• “O Alcalde pídelle ós veciños limitar o consumo de auga e evitar regas e o propio Concello leva días chorreando a presión as beirarrúas. E continúase co mesmo comportamento, días despois de emitir o bando, os traballos seguen e o derroche de auga tamén. E para colmo, despilfarro tamén de medios e diñeiro, por actuar en estradas que non son municipais”

O PP de Cuntis denuncia o comportamento intolerable do Grupo Socialista, mandando un bando ós veciños e que o Concello sexa o primeiro en incumprilo.

Para os Populares de Cuntis “resulta inaceptable a actuación do Alcalde, quen o pasado martes emite un bando para aforro de auga, debido a estes meses de verán e as altas temperaturas, e entre as medidas que lle pide ós veciños está limitar o baldeo e a limpeza de rúas. Pero os traballos que se veñen facendo no noso Concello desde fai días, seguen hoxe, aínda despois do bando, e non son simples baldeos, senón chorreos a presión das beirarrúas, nos que o consumo de auga é moi superior”.

Trátase de traballos necesarios de mantemento das estradas municipais, pero os Populares de Cuntis lamentan a “falta de previsión e coordinación deses traballos, que deberían rematarse fai meses, en atención ó período de seca”.

Por último, o PP de Cuntis esíxelle ó grupo socialista responsabilidade co gasto do diñeiro de tódolos veciños, e declaran que “coas grandes débedas que ten o noso Concello e que continúan en aumento, e o grupo socialista segue despilfarrando un diñeiro que non temos. Estamos vendo como se fan traballos en estradas autonómicas e estatais e os camiños municipais sen atender. Sen ir mais alá, nese chorreo de beirarrúas”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas