Home O Salnés Meis O PP de Meis proporá á corporación consensuar un proxecto de recollida...

O PP de Meis proporá á corporación consensuar un proxecto de recollida de lixo e limpeza que atenda aos intereses reais dos veciños

- Anuncio -

• Lucio pedirá tamén asumir o compromiso de conxelar as taxas municipais: “Con esta política e a xestión actual, o Goberno local está abocando a unha subida fiscal para pagar o incremento do servizo, que pasou de 125.000 euros anuais a 207.000”.


• Esixirán explicacións na sesión sobre o proceso de contratación do servizo de recollida de lixo e, chegado o caso, se produza unha asunción de responsabilidades.


• Volve a solicitar a Marta Giráldez “que cese no seu empeño de recorrer unha sentencia demoledora, que demostra a súa falta de capacidade na xestión do concello e que o único que vai provocar é que se dilapide máis diñeiro de todos os veciños de Meis en gastos xudiciais”.

O Partido Popular de Meis presentará no próximo pleno municipal unha iniciativa para que o Goberno local e a alcaldesa, Marta Giráldez, expliquen e aclaren todo o proceso e, chegado o caso, se produza unha asunción de responsabilidades, pero tamén proporá adoptar un pacto en favor dos veciños de Meis, para consensuar un proxecto adecuado para prestar a recollida de lixo e limpeza que atenda aos intereses xerais e reais da cidadanía e do concello.

Este pacto pasaría porque sexa a próxima corporación municipal a que adopte os acordos de xeito consensuado, tendo en conta non só a calidade do servizo, senón tamén as frecuencias na recollida do lixo e a limpeza, pero ademais se aposte por conxelar o prezo das taxas, que están fixadas en 54 euros anuais para as vivendas e que desde o PP entenden que é unha cifra que non se debe incrementar. “Con esta política e a xestión actual, o Goberno local está abocando a unha subida fiscal para pagar o incremento do servizo, que pasou de 125.000 euros anuais a 207.000. Coa situación que teñen as familias, é impensable que se lle aumenten as taxas municipais”.

Con todo, para a candidata á alcaldía e voceira do PP, Marta Lucio, “a alcaldesa ten que facilitar todas as explicacións que os veciños necesitan. Teñen que saber por que adxudicou a dedo un contrato que está prexudicando economicamente aos veciños”. Así, recorda que o servizo que se prestaba a través da Mancomunidade do Salnés e que agora é anulado polo Xulgado, custaba un 65% máis que o anterior contrato e se ofrecía o mesmo servicio.

Por iso, volve a solicitar a Marta Giráldez “que cese no seu empeño de recorrer unha sentencia demoledora, que demostra a súa falta de capacidade na xestión do concello e que o único que vai provocar é que se dilapide máis diñeiro de todos os veciños de Meis en gastos xudiciais”.

Finalmente, o PP de Meis lamenta que o BNG saia agora de suposto defensor dos veciños e critique a xestión da alcaldesa neste asunto, “cando realmente sostén a Marta Giráldez e ao PSOE no Goberno de Meis, e a partir de maio, se ten a oportunidade, volverá a facelo sen ningún tipo de dúbida”.

Relacionadas

Redondela recupera 40 bancos para darlles unha nova vida

0
A concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Pedro Villaverde, rehabilitou 40 bancos de madeira para darlles un novo uso. Este mobiliario urbano, que...

Baiona, Nigrán e Gondomar celebran un ano máis a Festa dá Bicicleta do Val...

0
Esta mañá non Concello de Baiona presentouse a 34ª edición dá Festa dá Bicicleta do Val Miñor, que se celebrará ou 17 de maio,...

O concello de Nigrán abre ata o 6 de maio o prazo de presentación...

0
Mantéñense o número de chiringuitos, os prezos, e o periodo de explotación ata o 30 de setembro O Concello de Nigrán abre ata o 6 de...

RiosAldeasMontañas de Covelo amosa o patrimonio natural ao alumnado do CEIP Antonio Blanco Rodríguez

0
O Concello de Covelo fomenta o coñecemento da biodiversidade dos seus ríos e das súas montañas entre maiores e pequenos O alumnado CEIP Antonio Blanco...

O concello de Nigrán festexa este sábado o Día do Libro con feira, obradoiros,...

0
A Praza do Concello acollerá durante todo o día actividades: desde unha feira coa presenza das dúas librerías do municipio e unha vintena de...

Torneiros acollerá este venres a III Xuntanza Literaria Escolar

0
• A actividade, organizada polas bibliotecas dos centros escolares en colaboración co Concello do Porriño, desenvolverase no parque do Piñeiro A concellería de Educación e...

Publicacións Relacionadas