HomeVigoNigránO PP de Nigrán alégrase de que por fin "a historia interminable"...

O PP de Nigrán alégrase de que por fin “a historia interminable” da nova biblioteca conclúa coa súa próxima apertura

- Anuncio -spot_img


O Partido Popular de Nigrán, manifesta a súa satisfacción pola inminente apertura da nova Biblioteca de Nigrán, pero quere informar adecuadament os veciños de todos os despropósitos acontecidos ata o de agora con esa obra, algúns deles realmente escandalosos.

Isto parece ‘A historia interminable”.

Verán vostedes, no verán de 2018 un pouco antes da campaña das municipais, o noso alcalde socialista D. Juan González, informaba aos catro ventos que “a biblioteca vai estar para finais do verán do 2019”, (concretamente a data final segundo a licitación era o 20/6/2019) resulta que por non preocuparse de expor unha licitación adecuada para o tamaño da obra, e por non realizar un seguimento permanente das obras, a obra estivo parada desde finais de Xuño do 2019 ata finais Novembro do 2020 practicamente un ano e medio debido ao desacordo entre a Empresa e o Concello, o que termino nunha rescisión de contrato.

No verán do 2020, unha vez resolta a rescisión, procedeuse a unha nova licitación pola parte da obra inacabada, e en outubro do 2020 adxudícase a nova licitación á empresa CONSTRUCIÓNS CONSVIAL S.L. que dá un prazo de entrega de 3 meses, que xa no seu momento indicouse que era temerario, aínda que a xuízo da mesa de licitación recibiu a xustificación adecuada. Por certo isto supuxo un sobrecusto na obra de máis de 90.000€, tendo en conta os custos administrativos, de asistencias técnicas e legais necesarias para a súa tramitación.

A finais de Novembro do 2020 reactívase a obra, que debería estar concluída 3 meses despois de acordo coa licitación, é dicir tería que estar concluída exactamente o 24 de Febreiro do 2021.

A obra terminouse en maio do 2021, despois de que o Alcalde de Nigrán concedese unha prórroga á empresa a pesar dos informes negativos de Intervención e Contratación, é dicir, empregouse preto de 6 meses no canto de 3 que figuraban na licitación, e non contentos con iso, ademais, non se lle aplicou ningunha penalización á empresa, tal e como indicara o Interventor, o que como mínimo constitúe un claro “trato de favor” á mesma.

Menos mal que ningunha das outras empresas que participaron na licitación presento demandas respecto diso, xa que, ao admitir a prórroga, a seguinte empresa podería solicitar, polo menos, danos e prexuízos, xa que por lei deberían de rescindir o contrato con esa empresa e adxudicalo á seguinte.

Curioso que esta segunda empresa, sexa a mesma que colaborou ( non llo perdan) no recheo das pistas de atletismo, cando esa empresa non podía realizar ningún traballo nunha licitación que corresponde a outra empresa, que ademais xa mantiña discrepancias co Concello no seu desenvolvemento, e do que temos unha acta notarial que o confirma, e é a mesma que está a facer Villa a Fonte e é a mesma cuxos mandatarios e directivos foron vistos co señor Alcalde de NIGRÁN nalgún restaurante de Nigrán en varias ocasións, “perdóennos pero son demasiadas coincidencias”.

Como poden comprobar ata aquí, unha chapuza de xestión sen paliativos, aínda que para nosa sorpresa decatámonos que unha vez concluída e entregada a obra (maio do 2021), resulta que nin sequera comezaran coa licitación para a adquisición de mobiliario e informática para a nova biblioteca, inconcibible, visto o cal decidiron usar o edificio para dar clases de música, o cal está ben pero non é a súa función.

Pois un ano e 2 meses despois, para facer un prego de licitación de mobiliario, que debería estar feito en 2019, adxudícase en xullo do 2022, e unha vez máis, por non ter coidado na redacción dos pregos, gáñaos unha empresa que ofrece, (non llo perdan) 30 anos de garantía (máis dos que ten de existencia a empresa), xa que no prego non se determinaba a cantidade máxima de anos e se puntuaba, e que ademais foi impugnado por outra das licitantes en agosto, o que produciu un novo atraso ata que se desestimou a impugnación.

Levando isto a un tema familiar, Que diría a súa parella se lle di que xa está a casa e todo listo e cando chega a casa dáse conta que non hai nin un sofá para sentar?, e que, aínda por riba, nin sequera expúxose compralos, poña vostede aquí o cualificativo que mellor lle pareza …

Pero a cousa non acaba aquí, despois de solicitar en varios plenos que arranxasen a acometida eléctrica da biblioteca, que para asombro dos pais de familia que se moven por alí, mantiña un cable de considerables dimensións tirado no chan nun lateral da Biblioteca, ao final fixárono ao teito, pero non llo perdan, na foto poden ver o estado actual da
acometida a día de hoxe con “luz de obra”, en resumo que imos empezar a usar a nova biblioteca con “luz de obra” sen as obras de acometida correctamente realizadas, despois de 3 anos, o colmo do despropósito.

Este é o resumo da “historia interminable” dunha obra que debería estar feita en 9 meses que se converteron en 42 meses, e por agora con “luz de obra”…

Por non citar a falta de persoal necesario para o servizo na nova biblioteca, selección que se ha resolvido recentemente, o que engade aínda máis improvisación a toda esta historia, sen o persoal non se pode prestar o servizo, polo que só agora pódese levar adiante, o que significa que aínda que estivesen antes o mobles, terían que seguir dando clase de música, pola falta do persoal adecuado.

Enténdese todo isto?
Está claro que o importante para este goberno do Psoe de Nigrán, non é que teñamos unha nova Biblioteca en tempo e forma, senón máis ben, o calendario de eventos e festas. Para isto necesitamos o equipo de goberno mais caro da historia de Nigrán? Nin con 13 Concelleiros son capaces de “facer algo a dereitas”?.
Señoras e señores, isto é o que temos, seguiremos loitando polos dereitos de todos os veciños de Nigrán e pola transparencia de execución de obras, gústelle máis ou lle guste menos ao señor Alcalde e ao resto de concelleiros que gobernan actualmente do Partido Socialista de Nigrán.

Publicacións Relacionadas