Durante este pasado nadal, fomos testemuñas da total “falta de vergoña”, por parte do Sr. González, que nun alarde de “populismo sen escrúpulos” non dubidou en publicar fotos con persoas en situación vulnerable.
Queremos deixar claro que, o PP de Nigrán, está e estará sempre a favor que, desde o Concello, axúdese a todas as familias en situación de vulnerabilidade.
Entendemos que o Concello publique todas as actuacións desta índole que leve a cabo, pero o que non é de recibo, é expoñer publicamente a familias vulnerables, mesmo aínda que lles deran o seu permiso para a foto, xa que algunhas delas non valoran adecuadamente as súas consecuencias e a situación sobrevinda en moitos casos non lles permite dar un “non” por resposta, isto é o que é verdadeiramente repugnante, utilizar a desgraza allea para mellorar a súa imaxe pública, que foi exactamente o que pasou, demostrando a baixeza moral do Sr. González, para o que TODO VALE.
A información acerca da situación familiar está legalmente protexida e castigada polo Código penal (Art. 197) e a Lei Orgánica Protección de Datos Persoais 3/2018, o que fai que tales feitos poidan carrexar algunha sanción, ou supoñer unha falta ou delito.
O que máis chama a atención é que, por encima, acapara todo o protagonismo, eclipsando aos seus verdadeiros autores, no caso de Nadal a José e Isabel, aos que queremos agradecer a súa acción desinteresada que veñen realizando desde hai moitos anos; e no caso máis recente á Xunta, que é a que propuxo hai anos esta iniciativa ao Concello e da que o Sr. Alcalde do PSOE pasou olímpicamente ata hai 1 mes, verdadeiramente lamentable.
Aínda por riba, no caso da noticia do “ Xantar na Casa”, sendo obxectivos e coñecendo a situación dalgunha das familias que saen na foto, estamos convencidos que a selección dalgunhas desas familias responde máis a criterios de afinidade que de necesidade, como moitas outras accións, unha “merenda de votos”, xa que a situación dalgunha desas persoas dista moito da necesidade, cando outras familias, que verdadeiramente o necesitan, non o reciben …verdadeiramente indignante…
Tamén queremos manifestar nosa total repulsa pola falta de exemplo que deu o Sr. Alcade, nestes tempos de pandemia, aparecendo nun vídeo en RRSS cun grupo numeroso de persoas festexando algo, cunhas medidas de protección e distancia bastante cuestionables. Se as nosas autoridades non dan exemplo, que esperamos que fagan os cidadáns, máis dun quedouse indignado por tal actitude.
Gustaríanos saber que criterio seguiu o Sr. Alcalde para felicitar as festas entregando unha máscara vermella e unha felicitación, pero só a determinadas persoas, polo visto en Nigrán, non todos os cidadáns recibimos o mesmo trato, cando un Alcalde debe gobernar para TODOS.
E todo isto deixando de lado totalmente a GESTION MUNICIPAL, que para o noso Alcalde, é algo secundario, o importante é estar en “o candelero”, o que vaias ao Concello a solicitar calquera xestión e teñas que esperar meses non importa, o que importa é a foto e “vender fume” todos os días.