HomeVigoNigránO PP de Nigrán manifesta a “dobre vara de medir” do BNG...

O PP de Nigrán manifesta a “dobre vara de medir” do BNG en Nigrán..

- Anuncio -spot_img

O PP de Nigrán, quere deixar claro que en ningún momento manifestouse en contra da mellora do tramo urbano da PO-552 ao seu paso por Ramallosa.

O que fixo o BNG, pola súa conta e risco e sen contar nin con veciños nin
comerciantes expor unha solución que probablemente non sexa do agrado de ninguén,
sen ter en canta que a PO-552 non é simplemente unha Rúa, senón que
é un vial que intercomunica os Concellos da zona. Este tipo de actuacións
teñen sentido en zonas e rúas que non sexan de paso “forzado”, pero neste caso
require un estudo adecuado e un consenso con veciños e comerciantes da
zona, algo que o BNG ignora por completo.
Doutra banda queremos poñer de manifesto, que ben exposta sería, unha boa
opción, entendemos que non é tan urxente como para desviar fondos da
Pandemia a isto, como expón o BNG, agora a prioridade absoluta da Xunta
é combater a pandemia e o BNG anda enredando expondo investimentos que nin sequera
acorda cos afectados.
Mentres tanto PSOE e o BNG na Deputación de Pontevedra votaron en contra
de levar adiante a mellora dos viais EP-2106 (Tarela- Camos- Chanderito) e
a EP-2102 ( Areiña- Mallón) que manteñen o mesmo trazado e ancho desde os
anos 60 (fai mais de 60 anos) e que xa vai sendo hora que se melloren de verdade
e permitan tráfico seguro, iso se que é unha obra necesaria e urxente demandada
por todos os veciños desas zonas desde hai moitos anos. Esta é a “vara de medir”
do BNG en Nigrán, para actuacións que son un clamor, votan en contra,
e enredan con investimentos que nin son consensuadas nin son tan urxentes.

Publicacións Relacionadas