A voceira do PP, María José Pino, recurre ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a decisión do Tribunal Administrativo de Contratación Pública (TACGAL) de inadmitir o seu segundo recurso
O 25 de setembro de 2024 o TACGAL desestimou o segundo recurso da edil popular por atacar aspectos que xa figuraban nos plegos desde o inicio sen que ela interpuxese ningunha reclamación ao respecto, polo que veda a posibilidade de reabrilo. “Admitir lo contrario daría lugar a un continua bucle de recursos”, sinalou o Tribunal da Xunta na resolución
“Resulta máis que evidente que o PP busca a paralización infinita do contrato sen importarlle o prexuízo á veciñanza por ter un servizo obsoleto e aos propios traballadores da concesionaria. Como xa non pode denunciar máis ao Concello agora denuncia ao propio TACGAL, é insólito”, considera o alcalde, Juan González
O Concello de Nigrán vese na obriga de paralizar por terceira vez nun ano o proceso de contratación do servizo de recollida de residuos, limpeza viaria e de praias ante unha nova denuncia do PP, esta vez contra a propia resolución do tribunal administrativo da Xunta de Galicia por desestimar o seu recurso. O Contrato, cun valor estimado de 34,6 millóns, estaba xa en fase de resolución tras terse presentado catro ofertas, polo que a adxudicación, para garantir a máxima seguridade xurídica, quedará en suspenso ata que o Tribunal Superior de Xustiza dicte resolución.
O Concello recibíu nestes días a comunicación oficial de que a voceira do PP, María José Pino, recurríu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a decisión do 25 de setembro de 2024 do Tribunal Administrativo de Contratación Pública (TACGAL) da Xunta de inadmitir o seu segundo recurso aos plegos por atacar aspectos que permanecen invariables desde a súa publicación. “Admitir lo contrario daría lugar a un continua bucle de recursos”, sinala o Tribunal na devandita resolución. “Os aspectos que agora se pretenden atacar xa constaban nos pregos anteriores, sobre os cales a recorrente non exercitou acción impugnatoria con ocasión da presentación de senllos recursos, o que impide que se dirixa agora a cuestionar eses elementos, pois resultaría non só unha inxustificada obstrución do interese público a satisfacer coa licitación, senon unha especie de pretensión non suxeita a prazo, algo allego á propia natureza e regulación deste recurso especial”, sinala a resolución do TACGAL que agora denuncia María José Pino.
“Resulta máis que evidente que o PP busca a paralización infinita do contrato sen importarlle o prexuízo á veciñanza por ter un servizo obsoleto e aos propios traballadores da concesionaria. Como xa non pode denunciar máis ao Concello agora denuncia a propia decisión do TACGAL, é insólito e moi triste ter unha oposición á que non lle importa desfavorecer ao municipio en pro dun estrano interese partidista. Conseguirán demorar os prazos, pero o contrato sairá adiante pese a eles”, valora o alcalde, Juan González. Así, todas as cuestións que o PP recurríu por segunda vez, o propio TACGAL subliña que permaneceron inalteradas desde a interposición do primeiro recurso do PP, e a maiores, rexeita que aleguen “falta de informe de la no división en lotes’ porque si existe, “se ben a recorrente pretende que esa configuración sexa diferente á escollida”. Engade ademais que os diferentes informes de reparos “non supoñen motivo de anulabilidade” e a propia presentación de varias empresas á licitación “dificulta entender a existencia das graves deficiencias” que alega o PP.
“A desestimación do segundo recurso do PP por parte do TACGAL é tan contundente e rotunda no escrito de inadmisión que debo recoñecer que a miña sorpresa foi maiúscula cando recibín a notificación de que o PP denuncia a este tribunal”, sinala o alcalde. De feito, o TACGAL chega a recoller este texto de desestimación: “Admitir lo contrario daría lugar a un contínuo bucle de recursos, que entorpecería de forma exponencial la debida tramitación de procedimientos de licitación, con el consiguiente perjuicio para los intereses públicos, cuya salvaguarda también constituye uno de los principios fundamentales de la contratación pública”.

