HomeVigoNigránO PP de Nigrán presenta unha moción para que se execute o...

O PP de Nigrán presenta unha moción para que se execute o proxecto de urbanización do Camiño Lanuxe en Nigrán

- Anuncio -spot_img

Desde o seu anuncio por parte do Sr. Alcalde, en xaneiro
do 2017, o proxecto de urbanización do Camiño Lanuxe, segue paralizado pola
clara falta de xestión e interese do Sr. González, todo un especialista en “anunciar
aos catro ventos” , pero moi pouco efectivo en realizar o que anuncia.
Nese anuncio, cualificaba a obra como necesaria e urxente:
“ Trátase dunha rúa con moitos veciños e moito tráfico rodado e peonil, polo que
é urxente abordar a súa transformación, sen recorrer a expropiacións inviables,
para que de verdade este sexa un Nigrán accesible para todos”.
No 3º trimestre do 2017, o Sr. González contrata a redacción de proxecto e gástase
mais de 19.000€ sen ter pechados os acordos de cesión cos
propietarios, algo bastante temerario, mesmo xa cando o anuncio en xaneiro,
posteriormente en 2018 comprométese a que o proxecto se incluirá no Plan
Concellos dese ano, o que finalmente non se fixo.
Como noutros proxectos, despois de conseguir unha mínima parte dos
acordos cos propietarios, o proxecto volveu ao caixón dos esquecidos e aí
continua hoxe en día, como di a canción “Todo segue igual”.
O Pp de Nigrán solicita que se renove a xestión para a obtención dos
acordos de cesión por parte dos propietarios, e en paralelo solicítese á
Deputación a inclusión deste proxecto que cifra mais de 618.000€, no Plan
Concellos do 2021, para evitar que o Concello teña que investir unha cifra tan
importante, algo que se llo propón, pode conseguilo dada a súa gran
“sintonía” coa Deputación de Pontevedra.
Queremos lembrarlle que a execución deste proxecto esta en o seu programa
electoral e os veciños da zona demándano de forma insistente, así que, por unha
vez, cumpra as súas promesas e leve adiante o proxecto.
Se o PSOE vota en contra, esperamos que os veciños, polo menos, tomen nota do
que valen as promesas do noso Alcalde do PSOE.

Publicacións Relacionadas