HomeVigoNigránO PP de Nigrán propón que o Concello colabore coa Deputación e...

O PP de Nigrán propón que o Concello colabore coa Deputación e a Xunta no fondo de cooperación Covid

- Anuncio -spot_img

O Pp de Nigrán, en clara sintonía coas demandas dos sectores económicos mais prexudicados pola pandemia, que solicitan que haxa colaboración entre as administracións para dotar un fondo de axudas a eses sectores, cre que é a forma máis eficiente e rápida de conseguir que as axudas cheguen rápido e na maior contía aos sectores máis prexudicados.
Os representantes dos sectores demandan que a Xunta sexa a que tramite as subvencións xa que a demostrado, coa última tramitación de axudas de 80M. de euros a súa eficacia na tramitación e pago en tempo récord; máis do 80% das mesmas xa están pagadas cun procedemento moi simplificado e efectivo.
Aínda que o sector mais prexudicado é a Hostalería, hai outros sectores empresariais de micro-empresas, autónomos e artistas que igualmente están a sufrir diminucións de facturación e peches forzosos, polo que é xusto que se lles teña presente e axúdeselles na medida do posible.
É o momento de unir esforzos entre todas as administracións para conseguir o maior grao de axuda posible a estes sectores e con iso mellorar a situación de moitas familias que temen quedar sen emprego ou que teñan que pechar o seu negocio por culpa desta terrible pandemia.
A Xunta xa a indicado que ten 50Millóns de Euros para este proxecto, falta agora que se concrete a achega do as Deputacións e Concellos, non podemos deixar pasar esta oportunidade polo ben de tantas familias que o necesitan, sería absolutamente imperdoable.
Esta proposta conseguiría que Concellos como Nigrán sumase á súa achega tamén a das Deputacións e a Xunta, permitindo chegar a mais familias e con maior intensidade, e nun tempo récord, algo que se se fai de forma independente será unha complicación real tanto para os Concellos como para as Deputacións, é o momento de unir esforzos e axudar a tantas familias que o demandan.
Esperamos que o noso Alcalde estea á altura e apoie esta proposta en beneficio de todas as familias de Nigrán que o necesitan.

Publicacións Relacionadas