O Partido Popular de Nigrán, manifesta a súa indignación pola falta de asignación orzamentaria para ampliar a axuda a domicilio no Concello, cando o Sr. Alcalde, esta asignando cantidades importantes de diñeiro público, que é de todos, en tobogáns, parques de auga ou parques forestais (máis de 1.000.000€ só entre as tres mencionadas), cando debería atender primeiro aos nosos maiores.
Non hai escusa posible para manter mais dun ano a 20 persoas en grao 3 de discapacidade, sen a prestación … familias que nalgúns casos non lles chega a tempo polo falecemento do familiar, algo verdadeiramente escandaloso.
E o mais escandaloso, é que no peor dos casos ao Concello pódelle custar esta axuda 40.000€ anuais, unha minucia comparado cos dispendios das ocorrencias “busca votos” do Sr. Alcalde, que non para de anunciar obras e esquécese dos nosos maiores. É incrible que un partido como o Partido Socialista, que alardea da súa actividade social, deixe abandonados aos nosos maiores. Isto é urxente e importante, polo que debería poñer en marcha canto antes solucións para estas familias.
A maiores, e a pesar das constantes queixas dos usuarios do Banco de Alimentos, o Sr. Alcalde non quere facer un contrato de subministración que garanta o adecuado nivel de produtos, sobre todo frescos. Agora mesmo é un servizo precario, cando é moi fácil reverter esta situación cun contrato de subministración.
Unha vez máis, demóstrase a falta empatía e xestión do Sr. Alcade, os usuarios do banco de alimentos impórtanlle moi pouco.



