O Partido Popular de Nigrán, en vista do enquistamiento de político do Sr. Alcalde, reuniuse directamente coa Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia para impulsar solucións a determinados problemas que afectan ao Concello de Nigrán, como o destino da Capela de Vilariño, a cociña do Humberto Juanes (sen uso real desde hai case un ano), a casa dos masestros de Balimfra, e o apoio da Xunta á repatriación do Mosaico Romano de Panxón.
María José Piñeiro, candidata á alcaldía de Nigrán, e concelleira actualmente, acompañado de membros do seu equipo, mantiveron hoxe, unha reunión ao mais alto nivel, co Conselleiro de Cultura da Xunta, D. Román Rodríguez, e o Director Xeral de Cultura da Xunta, na que se trataron os temas indicados con obxecto de impulsar solucións aos mesmos, froito da mesma recibiu o apoio total da Conselleria para canalizar adecuadamente eses problemas e ofrecer solucións aos cidadáns de Nigrán.
En contraposición ás xestións do Concello, que, no canto de buscar a colaboración institucional, tratan de enfrontar e “botar a culpa á Xunta” de todo o que non son capaces de facer, unha vez máis queda claro a falta de xestión do actual equipo de goberno para solucionar os problemas polo ben da cidadanía.
Están máis cómodos facéndose fotos na inauguración dun Centro Comercial, que lles lembramos a todos en 2006, D. Juan González, mobilizou aos propietarios dos terreos onde esta agora o Centro Comercial para “rebentar” o pleno onde se iniciaba o tramite de expropiación…. Quen che vexa e quen che ve…
Esta claro que o que lle interesa ao Sr. Alcalde, é manterse no posto, non tanto o benestar real dos veciños.



