Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O PP de Pontevedra acusa ao ministro Óscar Puente de ter paralizada...

O PP de Pontevedra acusa ao ministro Óscar Puente de ter paralizada e illada a Galicia unha vez máis, agora co peche do túnel da Cañiza

- Anuncio -
  • A senadora popular Nidia Arévalo denuncia a tardanza na posta en marcha das obras de mellora do túnel do Folgoso, que afectarán ao tráfico da autovía A-52, cortado durante 6 días, prexudicando a milleiros de condutores
  • “O ministro rise de Galicia unha vez máis. Todos os galegos e galegas que necesitamos viaxar pola A-52 teremos que sufrir un atraso no noso traxecto. O señor Óscar Puente acórdase tarde, as obras poderían terse feito ante,  na pasada primavera ou no verán, pero non agora que a climatoloxía non acompaña”, precisa
  • O PP de Pontevedra quere poñer de manifesto que a responsabilidade do illamento que está a sufrir a nosa Comunidade, tanto para o tráfico de vehículos, transporte de mercadorías, como para o transporte de pasaxeiros en autobuses, unida á nefasta xestión do servizo ferroviario, é única e exclusivamente do ministro de Transportes, Óscar Puente

A senadora popular da provincia de Pontevedra Nidia Arévalo acusou hoxe ao ministro Óscar Puente de ter paralizada e illada a Galicia, unha vez máis, agora co peche do túnel da Cañiza.

“O ministro rise de Galicia unha vez máis. Todos os galegos e galegas que necesitamos viaxar pola A-52 teremos que sufrir un atraso no noso traxecto. Como senadora do Partido Popular na provincia de Pontevedra, quero denunciar a tardanza na posta en marcha das obras de mellora do túnel da Cañiza. Tardanza porque o Ministerio decide precisamente levar a cabo as obras no peor momento posible, xa que se poderían ter feito na primavera ou no verán, e non agora, cando a climatoloxía non acompaña”, indicou Nidia Arévalo,

Os cortes de tráfico na autovía A-52, que une a toda a provincia de Pontevedra e Ourense coa meseta, produciranse ata o vindeiro sábado 26 de outubro e terán que empregarse os desvíos en ambos os sentidos polas estradas nacionais N-120 e N-559.

A senadora Nidia Arévalo denuncia a tardanza na posta en marcha das obras de mellora do túnel do Folgoso, na Cañiza, que afectarán ao tráfico da autovía A-52, que estará cortado durante seis días. Os vehículos deberán abandonar a A-52 no quilómetro 281,8 e reincorporarse no quilómetro 269,7. O que supón 12 quilómetros inhabilitados na autovía, co consecuente prexuízo para os usuarios ao ter que desviarse o tráfico polas estradas nacionais. Isto incrementa en 20 minutos calquera traxecto.

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible decide agora que se leven a cabo os traballos de mellora no equipamento de seguridade do túnel, que sufriu danos por mor dun incendio no seu interior producido en setembro de 2023 e polos temporais de novembro de 2023.

Nidia Arévalo explicou que unha vez máis ponse de manifesto a discriminación que sofre Galicia coa desatención debido ás dilacións indebidas no referente ás responsabilidades estatais do Ministerio de Transportes. Non só nas necesarias obras de mantemento das estradas e autovías nacionais, nas problemáticas da rede ferroviaria, no deficiente servizo de trens de viaxeiros, nas avarías e nos atrasos que prexudican constantemente aos galegos e galegas. Senón tamén nos retrasos co Corredor do Atlántico e a desatención nas demandas de transferencia e gratuidade da AP-9.

“Os representantes do PSOE e do BNG en Galicia non defenden os intereses de Galicia ante o Goberno central e seguen prestando o seu apoio de balde a Sánchez, sempre contra as necesidades dos galegos e galegas”, indicou a senadora popular.

“O PP de Pontevedra quere poñer de manifesto que a responsabilidade do illamento que está a sufrir a nosa Comunidade tanto para o tráfico de vehículos, transporte de mercadorías, como para o transporte de pasaxeiros en autobuses; unida á nefasta xestión do servizo ferroviario, é única e exclusivamente do ministro de Transportes, Óscar Puente, como máxima autoridade executiva nestas áreas”, indicou Arévalo.

Relacionadas

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo”...

0
Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses. Os...

Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

0
Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE)...

O Museo Manuel Torres renova o sistema para colgar as obras e mellorar a...

0
A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Concello de Marín solicitou unha...

O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e abastecemento de...

0
Entre ambas actuacións, precísase unha inversión de 1 millón de euros para dotar a 34 vivendas destes servizos básicos. Desde o Concello, aseguran que...

Sesión formativa gratuíta enmarcada no proxecto Alzheimer de Preto

0
O Concello de Mondariz informa que o venres 25 de outubro, de 16-20h., AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) vai...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

Publicacións Relacionadas