• Pepa Pardo alerta da marcha inminente do xefe de Bombeiros, catro efectivos que se trasladarán en xaneiro a Vigo e outros dous máis que xubilaranse en 2026
• “Mentres outros concellos como Ferrol invisten en seguridade; o BNG de Lores desmantela os servizos esenciais con persoais infradotadas, materiais obsoletos ou insuficientes e, o que é máis grave, ocultar a existencia dun protocolo de acoso laboral a pedimento dunha muller policía”, afirma a edil popular
A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo denunciou a “fuga de efectivos” do Parque Municipal de Bombeiros, cuxa persoal considera claramente insuficiente para unha cidade de 83.316 habitantes.
Actualmente, dos 43 profesionais que debería ter o corpo de Bombeiros, segundo indica a propia Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Pontevedra, dos cales 40 son operativos, tan só hai cubertas 38 prazas, das que oito se atopan de baixa, o que reduce o número real de efectivos a 30 bombeiros en servizo.
Ademais, catro bombeiros incorporaranse proximamente ao corpo de Vigo, tres deles de recente ingreso en Pontevedra, ademais do xefe do servizo, cuxo cese estaba previsto para este 18 de decembro e que solicitou unha prórroga ata mediados de xaneiro para garantir o peche do exercicio. “Se dependese de Lores e o BNG, Pontevedra estaría sen xefe de Bombeiros en pleno Nadal. Esta espantada ten que acabar xa!”, reprochou a edil popular.
Pardo adiantou que o próximo ano xubilaranse tamén outros dous efectivos, o que agravará aínda máis a situación “crítica e alarmante” do Parque Municipal de Bombeiros: “O Concello de Pontevedra ten un problema estrutural de persoal. Desde o PP sentimos orgullosos pola profesionalidade e o traballo diario dos bombeiros na cidade, pero o BNG está a xogar coa seguridade de todos os cidadáns, como xa advertimos tras o incendio do edificio de cálea Marqués de Riestra, sen que se fixo absolutamente nada”.
Doutra banda, o servizo de extinción de incendios non está a cumprir de forma habitual os servizos mínimos establecidos en seis efectivos por quenda. O pasado 28 de novembro, no incendio dunha casa okupada en Pasarón, os bombeiros municipais estaban en mínimos durante esa tarde na que un dos profesionais resultou ferido.
A concelleira esixiu ao alcalde do BNG, #Miguel Anxo Fernández Lores, e á concelleira de Protección Cidadá, Eva Villaverde, a dotación de medidas urxentes para reforzar o corpo de Bombeiros e mellorar as condicións laborais despois de que “non sexa a primeira vez que só haxa catro bombeiros de garda, incluíndo ao telefonista, o condutor e o mando. Nesas condicións é imposible garantir unha resposta eficaz #ante unha emerxencia”.
O Partido Popular ha anunciado o compromiso de incrementar o persoal do Parque Municipal de Bombeiros cando chegue á alcaldía no ano 2027, baseándose noutras cidades similares como Toledo, que conta con 68 bombeiros e unha poboación similar, ou urbes máis pequenas como Ferrol, con case 20.000 habitantes menos e 38 efectivos en proceso de ampliación para 2026: “Mentres outros concellos invisten en seguridade, o BNG de Lores desmantela os servizos esenciais con persoais infradotadas, materiais obsoletos ou insuficientes e algo que me parece gravísimo como é ocultar a existencia dun protocolo de acoso laboral, a pedimento dunha muller policía”, concluíu.



