HomePontevedraO PP de Pontevedra denuncia o agravio constante do Goberno central a...

O PP de Pontevedra denuncia o agravio constante do Goberno central a Galicia e reclama a transferencia da AP-9 dende todas as institucións

- Anuncio -spot_img
  • O presidente provincial, Luis López; a secretaria provincial, Luisa Piñeiro; os deputados nacionais Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón; autonómicos, Raúl Santamaría e María Deza; o alcalde de Portas, Ricardo Martínez e os voceiros de Caldas e Pontecesures, estiveron hoxe en Caldas co  eurodiputado Adrián Vázquez.
  • O eurodeputado galego explicou que ten pedido mediación á Defensora do Pobo europea para conseguir o expendente da AP-9, unha información que o Goberno de Sánchez segue sen facilitar a Galicia.
  • O deputado nacional, Pedro Puy, indicou que o PP leva anos denunciando, desde todas as cámaras, o agravio de Sánchez con Galicia e cos galegos e galegas, e avanzou que “seguirémolo facendo ata conseguir o que queremos, que é a transferencia e a gratuidade da AP-9”.

O PP de Pontevedra denuncia o agravio constante a Galicia e reclaman ao Estado que cumpra porque a nosa comunidade  merece xestionar a súa principal vía de comunicación. “Seguiremos esixindo dende todas as institucións que se poña fin a este bloqueo e que se cumpra co compromiso adquirido”, indicaron os populares.

O presidente provincial, Luis López; a secretaria provincial, Luisa Piñeiro; os deputados nacionais Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón; autonómicos, Raúl Santamaría e María Deza; o alcalde de Portas, Ricardo Martínez e os voceiros de Caldas e Pontecesures, estiveron hoxe en Caldas co eurodiputado Adrián Vázquez.

 Adrián Vázquez, explicou que ten pedido á Defensora do Pobo europea que medie para conseguir o expediente aberto pola Comisión Europea en relación coa xestión da AP-9, unha información que o Goberno de Sánchez segue sen facilitar a Galicia. Vázquez realizoulle a consulta a Teresa Anjinho durante a celebración da Comisión de Asuntos Xurídicos do Parlamento Europeo e tamén por escrito, e a Defensora do Pobo Europeo comprometeuse a analizalo.

“O caso da AP-9 é paradigmático. Xa non é un problema galego, xa non é un problema español, é un problema europeo. Desde o ano 2021, a Comisión Europea ten aberto dous procedementos sancionadores contra o Goberno de España pola terrible xestión da AP-9, que se considera unha infraestrutura estratéxica non só da nosa terra, tamén de toda Europa. Levamos catro anos tentando entender que sucedeu con esa sanción, que respondeu o Goberno, que alega. Por iso non nos quedou máis remedio que solicitar  á Defensora do Pobo Europeo que nos dean acceso a esa documentación. E a Defensora do Pobo xa respondeu de maneira positiva que vai traballar para que dunha vez por todas, xa que o Goberno de España négase a darnos esa información, podamos entender en que situación atópanse eses dous procesos sancionadores que poden afectar aínda máis á AP-9”, explicou o eurodeputado popular.

Pola súa banda, o deputado nacional no Congreso, Pedro Puy indicou que a  AP-9,  é a autopista que vertebra o 60% da poboación de Galicia, e que esta autoestrada.  xa foi demandada catro veces de forma unánime polo Parlamento de Galicia a súa transferencia ao país. “Con todo, o PSOE leva anos tomándonos o pelo nesta lexislatura, por exemplo, unha lei tan sinxela que só ten 3 artigos, un que establece a transferencia a outro que establece as compensacións económicas e outro que establece a forma de transferila, leva nada máis e nada menos que 59 prórrogas. É dicir, aos que somos ponentes desa norma nin sequera se nos permite debatir”, lamentou

“Nós vimos a pedir que se deixe de facer propaganda, porque se anuncia o levantamento dun trámite cando aínda quedan todos os fundamentais. Vimos  pedir que se lle deixe de tomar o pelo a Galicia, que é un caso único no conxunto de España. Esiximos que se deixe xa por fin tramitar unha lei, insisto aprobada 4 veces por unanimidade polo Parlamento de Galicia, e que se cumpran as promesas que se deron, como a do señor Besteiro, garantindo a gratuidade da autopista na súa campaña das eleccións autonómicas. Que deixen de poñer obstáculos que son simplemente trampas parlamentarias que impiden que por fin Galicia teña unha autopista AP9 gratuíta e ademáis de titularidade autonómica”, rematou Pedro Puy.

Publicacións Relacionadas