- Seguiremos apoiando ao pobo venezolano na súa loita pola liberdade e contra a tiranía de Maduro, mentres temos que lamentar que dende o Goberno central non se faga nada”, indicou a senadora Pepa Pardo
- A popular pontevedresa lamentou a postura do BNG que o único que está dicindo son auténticas barbaridades, como que “a ditadura de Maduro é un modelo político e social, facendo ademais de facer un chamamento a solidarizarse coa Revolución Bolivariana”
O PP de Pontevedra lamenta a desaparición do activista galego, Carlos Correa, detido en Venezuela o pasado martes, e insta ao PSdeG e BNG que se posicionen en prol da democracia e se unan ao Partido Popular para solicitar a inmediata liberación de Carlos Correa.
O activista e defensor dos dereitos humanos, así como director da ONG Espacio Público, Carlos, con nacionalidade española, e con familia residente no concello de Caldas de Reis, foi apresado o pasado martes por uns encapuchados e dende ese día ninguén sabe nada do seu paradoiro.
“Dende o PP consideramos intolerables este tipo de actos e seguiremos apoiando ao pobo venezolano na súa loita pola liberdade e contra a tiranía de Maduro, mentres temos que lamentar que dende o Goberno central non se faga nada, e que dende o BNG o único que están dicindo son auténticas barbaridades, como que a ditadura de Maduro é un modelo político e social, facendo ademais de facer un chamamento a solidarizarse coa Revolución Bolivariana”, indicaron a senadora popular, Pepa Pardo.

