HomePontevedraO PP de Pontevedra lamenta o incremento dun 55% nas okupacións desde...

O PP de Pontevedra lamenta o incremento dun 55% nas okupacións desde a chegada de Pedro Sánchez e insta ao Congreso a que aprobe a mesma Lei que xa foi aprobada no Senado para poder cortar luz e auga nas vivendas okupadas

- Anuncio -spot_img
  • A senadora Pepa Pardo e o deputado nacional, Juan Bayón, indicaron que dende o Partido Popular, defendese a postura de tolerancia cero contra a okupación, como grave problema social que se apoia nun marco legal que ampara condutas delictuosas que atentan contra o dereito de propiedade privada.
  • Pepa Pardo explicou que a lei antiokupación, leva máis de ano e medio no conxelador de Armengol, pero que o pasado mércores foi aprobada no Senado. “Queremos mandar unha mensaxe clara e evidente: Ao vulnerable protéxeselle e ao okupa desalóxaselle”, destacou.
  • Juan Bayón, solicitou que no Congreso permitan debater e votar esta Lei, que amparará aos propietarios, xa que non terán que seguir pagando luz e auga a okupas que se meteron ilegalmente nas súa vivendas.

A senadora Pepa Pardo e o deputado nacional Juan Bayón defenden a tolerancia cero fronte á okupación ilegal e destacan que a pasada semana aprobouse no Senado o proxecto de lei, precisamente para despenalizar o corte das subministracións, o corte da luz e a auga aos okupas por parte dos propietarios e que deixe de ser delito, e que esperan que sexa aprobada xa no Congreso, no que leva máis de 60 prórrogas.

A senadora pontevedresa, Pepa Pardo destacou que “fronte a este Goberno sanchista que parece amparar aos okupas, desde o Partido Popular defendemos tolerancia cero fronte á okupación ilegal. Temos que destacar que desde que Pedro Sánchez chegou ao Goberno, incrementáronse as okupaciones ilegais na arrepiante cifra de case un 55%, unha porcentaxe que asusta”.

Pardo tamén explicou que a lei antiokupación, leva máis de ano e medio no conxelador de Armengol, pero que o pasado mércores foi aprobada no Senado, cos apoios de Vox e UPN e a abstención de Junts e PNV, polo cal no Congreso debería tamén saír aprobada. “Queremos mandar unha mensaxe clara e evidente: ao vulnerable protéxeselle e ao okupa desalóxaselle”, destacou Pepa Pardo.

Pola súa banda, o deputado nacional Juan Bayón indicou que “esperamos que o PSOE, a través da presidencia do Congreso dos Deputados, permita debater acerca da nova lei presentada polo presidente Feijóo no Senado e aprobada cunha ampla maioría. O Congreso dos Deputados ten secuestrada a lei antiokupación do Partido Popular, ten o mandato das Cortes -de Congreso e de Senado- de derrogar a lei de vivenda que está a supoñer o incremento de prezos e a vulnerabilidade de moitos propietarios

Juan Bayón solicitou que no Congreso permitan á vontade popular de debater e votar acerca desta nova lei do Partido Popular. “Iso suporá que se permitirá cortar a auga e a luz naquelas vivendas okupadas, que os propietarios non teñan que seguir pagando luz e auga a okupas que se meteron ilegalmente nunha vivenda e que teñen que saír canto antes”, explicou o deputado nacional.

Publicacións Relacionadas