Home Pontevedra Deza O PP de Rodeiro presenta unha candidatura renovada, preparada para gobernar “dende...

O PP de Rodeiro presenta unha candidatura renovada, preparada para gobernar “dende o primeiro día” e que pecha o presidente provincial, Luis López

- Anuncio -

• Tras os seis postos de saída, as seguintes prazas estarán ocupadas por Alejandro Cambeiro Cardelle (7), David Jorge Carral (8), os concelleiros María Dolores Simón Valladares (9) e José Manuel Fernández Otero (10) e Shaila Areán Vázquez (11).


• A candidata, Cati Somoza, expresou o seu agradecemento “a todos os que participan, pola súa implicación e compromiso co PP e con Rodeiro” e tamén a xenerosidade “de todos os que integramos este proxecto para fuxir de protagonismos, colaborar desinteresadamente e preocuparse só dos nosos veciños”.

O Partido Popular de Rodeiro anunciou na xornada de hoxe a súa candidatura completa para as eleccións municipais do 28 de maio destacando a forte aposta pola renovación, a configuración dun equipo preparado para gobernar “dende o primeiro día” e que vai estar pechada polo ex alcalde e presidente provincial do PP, Luis López, que concorrerá como derradeiro suplente.

A formación informou en días pasados que, tras a candidata Cati Somoza, concorrerán nos seguintes postos de saída –os seis coincidintes cos concelleiros que actualmente ten na corporación– o empresario de hostalería Suso López Diéguez (2), a PSX do centro de saúde Elena Gamallo Moure (3), o alcalde Rubén Quintá Quintá (4), o profesor de Educación e futbolista do Rodeiro Pablo Cuñarro Fernández (5) e a concelleira Belén Calvo Mariño (6).

Tras eles, as seguintes prazas de titulares na candidatura popular estarán ocupadas por Alejandro Cambeiro Cardelle (7), David Jorge Carral (8), os concelleiros María Dolores Simón Valladares (9) e José Manuel Fernández Otero (10) e Shaila Areán Vázquez (11).

En canto os postos de suplentes, concorrerán, por esta orde, estes dez veciños: Mirian Eiriz Sobrado, María Isabel Fernández Bardelas, Arianna Cambeiro Saa, María Cruz Buján García, Jesús Fernández Albor, Gonzalo Fernández Pallares, María Isabel Diéguez Méndez, Iago Diéguez Alonso, o edil Pablo Sobrado Vázquez e, finalmente, Luis López Diéguez.

Cati Somoza, tras dar a coñecer a candidatura completa, quixo expresar o seu agradecemento “a todos os que participan, que deron o sí simplemente para que fagamos máis Rodeiro entre todos e que deixaron ben ás claras a súa máxima implicación e compromiso co PP e con Rodeiro”.

Ademais, tamén quixo destacar a xenerosidade de “todos os que integramos este proxecto para fuxir de protagonismos, colaborar desinteresadamente e traballar arreo dende calquera lugar da lista ou fóra dela e de preocuparse exclusivamente dos nosos veciños, que son o único que nos importa nesta andaina”.

Tamén salientou “o enorme esforzo das novas incorporacións xa que van sacrificar o seu propio tempo persoal e familiar para axudar á veciñanza” e, por suposto, a presenza dos concelleiros: “María, José Manuel e Pablo fixeron un grandísimo traballo estes anos e seguen a estar con nós. Son xente magnífica coa que sempre estarei en débeda pola súa xenerosidade e colaboración”.

Finalmente, tamén se referiu a Luis López, “do que cre que sobra todo o que digamos, porque que alguén coma el, con todas as responsabilidades que ten, acepte con total humildade ocupar o derradeiro posto da candidatura e estea a traballar como o que máis, fala perfectamente de como é, e non fai falla que diga nada del porque en Rodeiro todo o mundo o coñece e ten o cariño e admiración de todos os veciños”.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas