HomePontevedraPontevedraO PP de Vilaboa acada un principio de acordo para que o...

O PP de Vilaboa acada un principio de acordo para que o inventario dos cemiterios municipais recoñeza con claridade os dereitos dos veciños propietarios

- Anuncio -spot_img

● Os populares, que levan meses impulsando unha solución, revelaron que o goberno socialista admitíu que o documento actual está máis elaborado e que é preciso realizar unha revisión a fondo para determinar cales son os bens municipais e cales pertencen a particulares


● Alberto Acuña valorou positivamente este avance, pero recalca que non é suficiente con recoñecer o erro e esixe que se corrixa con axilidade e con rigor “para que os inventarios reflictan a realidade xurídica”

O grupo municipal do PP de Vilaboa vén de lograr un principio de acordo co goberno municipal para que se corrixa e se redacte
con claridade o inventario dos cemiterios do municipio co obxectivo de que se recoñezan expresamente os dereitos reais dos particulares sobre as fincas e os dereitos que as gravan, tal e como vén reclamando a formación liderada por Alberto Acuña desde hai meses.

Segundo o compromiso acadado, a nova redacción dos bens incluirá unha descrición precisa que reflicta a realidade existente: “Edificios: Cemiterio con capela, 986 nichos construídos de diferentes tipoloxías (soportais, capela e capela con reixa), dos cales existen particulares e municipais (sen especificar)”.
O goberno municipal recoñeceu tamén que os inventarios actuais están mal elaborados, admitindo que será necesario realizar unha revisión a fondo para determinar que bens son municipais e cales son propiedade dos veciños, xa que a situación actual non garante a seguridade xurídica nin a transparencia no patrimonio público.

Desde o PP considérase inaceptable que os veciños teñan que acudir aos xulgados para facer valer uns dereitos que o propio Concello debe recoñecer de oficio. Por iso, o grupo popular insiste en que os inventarios deben permanecer abertos e permitir a incorporación dos dereitos de propiedade privada existentes, evitando conflitos e incertezas innecesarias.

O voceiro popular, Alberto Acuña, valorou positivamente este avance, mais advertiu que “non é suficiente recoñecer o erro; cómpre corrixilo con rigor, transparencia e respecto polos dereitos dos veciños”. “Se o propio goberno admite que existe propiedade privada nos cemiterios, que problema hai en que iso quede recollido por escrito nun documento oficial? Iso é o que levamos meses pedindo desde o Partido Popular”, subliñou Acuña.

O concelleiro popular engadiu que agora “agarda da vontade do goberno que cumpra o compromiso adquirido, faga caso ao PP e proceda a corrixir os inventarios para que reflictan con fidelidade a realidade xurídica e patrimonial de Vilaboa”.

O PP de Vilaboa lembra que a súa postura sempre foi construtiva e baseada no diálogo, pero tamén firme na defensa do patrimonio e dos dereitos dos particulares.
“Non imos permitir que se perturbe a realidade nin que se faga pasar por municipal o que é dos veciños”, concluíu Acuña.

Publicacións Relacionadas