HomePontevedraPontevedraO PP de Vilaboa expón a falta de luces no concello

O PP de Vilaboa expón a falta de luces no concello

- Anuncio -spot_img

O PP de Vilaboa denunciou que o Concello siga sen acender a iluminación do Nadal mentres obrigaba a veciños participantes nun concurso do Nadal a facelo antes do día 10.

Os concelleiros populares insisten na falta de luces do concello ao non iluminar as rúas coa iluminación do Nadal e facer que o concello sexa o último da provincia en iluminarse co consecuente efecto negativo que este atraso provoca no comercio e hostalería local. Así mesmo pregúntanse que haberá de realidade no anuncio de facer ese aceso o día 20 cando nin hai contrato algún para as mesmas, nin se presentou prego para licitación desa iluminación. Desde o PP preguntan se de novo César Poza recorrerá a contratar de forma irregular estes servizos. Desde o PP insisten en que “non se pode chegar sempre tarde a todo o que un municipio como Vilaboa require” e consideran que “César Poza, igual que a iluminación do Nadal, está apagado e a súa duración vai ser limitada”

Publicacións Relacionadas