HomePontevedraPontevedraO PP de Vilaboa pide unha auditoría do prezo da auga na...

O PP de Vilaboa pide unha auditoría do prezo da auga na traída municipal de Paredes

- Anuncio -spot_img

O Partido Popular de Vilaboa solicitou formalmente no último pleno , ao goberno a realización dunha auditoría que revise en profundidade a estrutura tarifaria da subministración municipal de auga, ante as crecentes queixas veciñais e a comparativa con concellos limítrofes que evidencian un posible sobrecusto inxustificado.

Segundo datos recompilados polo grupo municipal popular, un fogar de Vilaboa ou un negocio paga contorna ao 30% máis polo mesmo servizo no tramo de ata 20.000 litros que é a base mínima

Tamén argumenta o portavoz municipal

“O que estamos a ver non é unha diferenza puntual ou conxuntural, senón unha desvantaxe clara para as familias de Vilaboa”, sinala o portavoz do PP local. “Pero onde o problema agrávase aínda máis é no caso dos profesionais, autónomos e pequenas empresas, onde a tarifa duplícase, penalizando a actividade económica e o emprego no noso municipio”.

Desde o PP sublíñase que o acceso á auga é un servizo básico e que o prezo debe ser xusto, transparente e acorde á realidade socioeconómica do municipio. Por iso, o grupo presentou unha iniciativa para que o Pleno do Concello aprobe a auditoría independente das tarifas e do sistema de cálculo actual, así como a comparación con modelos aplicados noutros municipios similares.
“Queremos saber canto costa realmente a auga en Vilaboa, como se calcula ese custo e por que se está aplicando un modelo que prexudica aos nosos veciños e aos nosos profesionais”, conclúen desde o grupo popular.
“O Concello non pode seguir aplicando tarifas desproporcionadas sen unha base técnica transparente nin unha avaliación externa. Esiximos que se analicen todos os custos asociados, as marxes aplicadas e os criterios utilizados para penalizar o consumo profesional”, declarou o portavoz do grupo municipal popular.

O PP de Vilaboa considera que a xestión dun recurso tan esencial como a auga non pode quedar á marxe do principio de equidade, a responsabilidade pública e o rigor económico

O pp local solicitou ao goberno que se realice unha auditoría externa e independente sobre as tarifas actuais, Comparar o modelo tarifario de Vilaboa co de municipios de características similares e Revisar o sistema de tramos aplicados e o seu impacto económico real en familias e empresas
“A falta de transparencia na xestión do servizo da auga está a ter consecuencias directas no peto dos veciños e no tecido produtivo local. Non imos permitir que esta situación continúe sen unha resposta clara e contundente por parte do goberno municipal”, conclúe o comunicado.

Publicacións Relacionadas